Saltar navegación

7. Bucles

Queremos

reproducir a secuencia dun faro. Por exemplo: catro destellos de 1segundo, parar 10 segundos e volver a repetir indefinidamente.

Código en Visualino. Faro

Fíxate que así podemos repetir unhas instrucións un número determinado de veces. 

Algunhas das propostas que resolviches coa estrutura Si pódense simplificar usando Contar con.

Descarga o ficheiro Visualino

Queremos

que un LED pestanexe mentres un pulsador está sen premer.

Código Visualino

IDE Arduino

Tócache

  1. Consigue o acendido alternativo de tres LED consecutivos coa instrución Contar con.
  2. Fai que o brillo dun LED aumente progresivamente e se apague, repetindo o ciclo constantemente.
  3. Modifica o código anterior para que tamén diminúa progresivamente.
  4. Utiliza 6 LED e simula un coche fantástico: encéndense de un en un do primeiro ó último, apáganse todos e volven a comezar.
  5. Modifica o código anterior para que cando estén todos acendidos se apaguen de un en un.
  6. Fai que un LED emita cinco destellos e se apague definitivamente. Usa unha variable booleana que cambie de estado cando rematen os cinco destellos.
  7. Utiliza un bucle mentres para facer o programa anterior.