5. Saídas PWM
Queremos
que o brillo dun LED vaia aumentando progresivamente ata chegar ao máximo, logo debe apagarse e empezar de novo o ciclo.
O Arduino ten saídas dixitais que nos proporcionan dous niveis de sinal, alto ou baixo. Algunhas destas saídas (as marcadas co símbolo ˜ ), son capaces de xerar ademais uns sinais periódicos que se poden mandar ós elementos de saída dos circuitos para regular a potencia, simulando un sinal analóxico.
Con elas podemos controlar o brillo dunha lámpada, a velocidade dun motor ou a posición dun servomotor.
Estes sinais PWM varían entre 0 e 255 (0 e 5 V) que correponderían por exemplo ós casos dun LED apagado ou co seu brillo máximo. Se queremos que alume a metade, teriamos que mandar o valor 127 pola saída.
Antes de conseguir que o LED aumente o brillo progresivamente proba a escribir diferentes valores (entre 0 e 255) no pin correspondente.
IDE Arduino
Tócache
1. Fai que o led empece brillando e vaia diminuíndo progresivamente. Crea unha variable para controlar a diminución e facela máis ou menos rápida.
2. Crea un xogo de luces cun LED RGB. Utiliza a función Aleatorio entre 0 e 255

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0