Genuino e Visualino
1. Acendendo os LED
Queremos:
Acender un díodo LED intermitentemente, cuns tempos de acendido e apagado determinados.
![]() |
Estamos utilizando un pin que traballa con sinais dixitais (as que proporciona o controlador), que presentan dous estados posibles: 1 ou Alto (5V) e 0 ou Baixo (0V)
O díodo tamén terá dous estados: Alto ou aceso e Baixo ou apagado.
IDE Arduino
Tócache
- Modifica o programa para ter unha intermitencia diferente, con outros tempos de acendido e apagado.
- Conecta outro LED cunha intermitencia alternativa á do primeiro: cando un esté aceso o outro debe estar apagado e viceversa.
- Simula un semáforo con tres LED. Podes escoller calquera dos pins dixitais da placa.
Lembra
A placa de prototipos
Código de cores das resistencias
O díodo LED
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0
