Saltar navegación

4. Traballamos con variables

Normalmente os números dos pines cos que se traballa ou os valores do tempo de espera almacénanse en variables (neste caso constantes) que se declaran ó principio do programa.

O número de instrucións  dos programas pode ser moi elevado e, en caso de necesitar cambiar algún destes datos, resulta máis fácil traballar así. Ademais, se escollemos os nomes adecuados, facilita o seguimento das instrucións e axuda a evitar erros.

Código Visualino

Queremos

facer pestanexar un LED un número determinado de veces. Ollo!  logo debe apagarse.

IDE Arduino

Tócache

  1. Cambia o LED do exemplo inicial por un zumbador e fai un despertador.
  2. Conecta catro LED entre os pins 8 e 13 e fai que, ó iniciar o programa, se acendan e se apaguen de un en un cada segundo. Usa unha variable para o número do pin e  inicialízaa en 8.
  3. Fai que un LED cambie de estado cando prememos un pulsador (se estaba apagado debe acenderse e se estaba aceso debe apagarse). Usa unha variable para o estado e unha estrutura condicional aniñada dentro de outra para comprobar a pulsación e o estado do pin.