Saltar navegación

10. Proxectos

Aparcamento

Deseña o control dun aparcamento cunha entrada e una saída que funcione do seguinte xeito:

- Se o coche se achega á entrada, preme un pulsador exterior e hai prazas libres, a barreira debe abrirse durante un tempo. Se non hai prazas libres non se abrirá.

- Para sair  débese accionar un pulsador interior que manterá a barreira aberta un tempo apropiado.

- Un indicador luminoso avisará da existencia de prazas libres.

Fai as melloras que consideres (un sensor de ultrasóns no canto dun pulsador...)

Outros proxectos

Presentación con máis proxectos