Section outline

  •   INDICACIÓNS PARA O TERCEIRO TRIMESTRE                                                                                   

    Benvidos ao terceiro trimestre e...  ante todo MOITO ÁNIMO!!!!

    Comezamos este terceiro trimestre nunha situación excepcional e ante esta situación teremos que darlle un enfoque un pouco distinto á materia de E.Física.

    Ao longo desta aula virtual veredes que hai actividades de repaso e ampliación sobre contidos que vistes este ano ou en anos pasados incluso que teñen vinculación con outras materias.

    As sesión están pensadas para que duren un 50 minutos que é o que duraría a túa clase de Educación Física.

    Para que ti podas xestionar o teu tempo, cada semana abrirei as dúas clases correspondentes a esa semana. Podes facelas o día e a hora que tiñas E.F. ou cando mellor che veñan en función da túa dispoñibilidade, do que che manden noutras materias, ou do que che apeteza.

    De todos os xeitos o ideal era que pasara un día como mínimo entre unha sesión e a outra. Por exemplo podes facelas o martes e o xoves e repetir a parte física (a de moverse) o sábado pola mañá unha e outra pola tarde. Outra opción sería luns e mércores e a parte física repetila venres a dunha sesión e sábado a da outra para non estar tan sedentario.

    Antes de comezar calquera das sesións propostas le atentamente  a GUÍA DA SESIÓN onde se explicara o que tes que facer.

    En moitas sesións faremos circuítos ou tarefas que impliquen distintos exercicios. Estes exercicios teñen un nome que pode que tin no coñezas ou que coñezas con outra denominación. Para que saibas como se fai, a primeira entrada desta aula virtual, é un repositorio de exercicios físicos onde se enlaza un vídeo para que comprendas e aprendas como se fan.

    Como irás vendo a medida que vaias lendo a sesión imos facer todo a través da internet. Eu non sei, lamentablemente,  como son a túa conexións a internet, que medios tes para acceder e en que cantidade por unidade familiar (computadora, tablet, teléfono móbil…), que espazos tes para traballar…

    A educación ante todo ten que ser equitativa e non discriminatoria. Se tes algún problema para facer as tarefas ou seguir as sesións ou coñeces alguén que estea nestas circunstancias ponte en contacto comigo e veremos posibles solucións. De seguro que entre todos haberemos atopar como facelo.

    Para calquera dúbida que teñades o calquera outra cousa que queirades transmitirme este é o meu enderezo electrónico erey0@iescotarelo.net

      TEMPORALIZACIÓN                                                                                                                                

      AVALIACIÓN                                                                                                                                             

    Polo de agora, a falla de instruccións sobre se os contidos desta nova situación van ser avaliables ou non, deixovos a proposta de avaliación de como sería a mesma se estes tiveran que contar para a nota. 

    Aquí poderás ver o peso en porcentaxe que teñen as distintas unidades didácticas que veremos ao longo deste confinamento. Esta avaliación está supeditada á duración que teña esta situación. E dicir, se este acaba e podemos incorporarnos ás aulas, continuaremos cos contidos e co sistema de avaliación proposto para este trimestre na programación do Departamento.

    Isto non quere dicir que o feito até esta suposta reincorporación ás aulas non teña valor. Este traballo feito conservará o seu peso na avaliación, só modificándose este a proposta xustificada polo profesor ou polos alumnos, e sendo aceptada por todos eles por unanimidade (profesor e alumnos).

    CONTACTO                                                                                                                                             

    Para aclarar calquera dúbida que vos poda xurdir, se necesitades comentarme algunha incidencia ou outra cousa na que pensedes que eu podo ser de axuda ou se detectades algún erro este é o meu enderezo erey0@iescotarelo.net

     

  • Todos os XOVES ás 16:00 podedes conectarvos por medio da plataforma Webex (https://www.webex.com/es/index.html) para consultar calquera dúbida que teñades sobre os contidos, tarefas ou avaliación deste terceiro trimestre.

    Lembrade que nos vosos correos recibiredes os datos necesarios para establecer a conexión.

  • Semanalmente iremos propoñendo un reto para que vos animedes a intentalo.

    Non fai falla que demostrades que o fixestes, se queredes mandar un vídeo podedes pero non é necesario.

    A idea dos desafíos é ter un pretexto para moverse. Facelos ou non, non vai ter repercusión na vosa nota, nin para ben nin para mal.

    Se coñecedes algún reto e queredes compartilo con nos. Gravade un vídeo facéndoo, compartídeo comigo por DRIVE e subirémolo á aula virtual para que os compañeiros podan aceptar o desafío.

    • Antes de levar este reto á práctica sería bo que quentarades par evitar problemas. Sobre todo os xeonllos, o pescozo e os cuádriceps.

    • Esta semana como reto propoñémoste que xogues con alguén aos dados fítness.

      Primeiro terás que imprimir e unir as pezas para facer dous dados. 

      Un é un dado convencional que che indicará o número polo cal multiplicas e o outro que exercicios tes que facer.

      Se non atopas con quen xogar podes comprobar que nivel es quen de acadar.

      Acéptalo reto? 

  • No seguinte vídeo déixovos un titorial onde vos explica como se soben e se comparten vídeos mediante a aplicación de Google DRIVE.

    En función da capacidade da vosa rede e do peso do vídeo o tempo que tarda en subir pode ser maior ou menor. Tede paciencia.

    Para poder usar este servizo terás que abrir unha conta de GMAIL, se é que non dispós dela xa. Con outros contas de correo (hotmail, yahoo, ...) non funciona, que eu saiba.

  • Aquí teredes enlaces onde se explican os distintos exercicios que empreguemos nas propostas de actividade física. Se algún enlace non funciona, por favor, avisade para solucionar o problema.

  • Ao longo deste ano estivemos vendo como se facía un quecemento xeral. Supostamente vos, ao inicio das clases tiñades que facer o quecemento de xeito autónomo. Pois chegou o momento de demostralo!!!

    Botalle unha ollada ao documento que achegamos e fai a tarefa. 

    Moito Ánimo.

    • GUÍA DA SESIÓN:

      1. Le a tarefa e asegúrate que tes claro que é o que se che pide e a data de entrega.
      2. Mira as indicacións sobre o quecemento e deseña un que podas facer nun espazo reducido.
      3. Practícao e controla o tempo para ver se se axusta ao que se pide.
      4. Cando teñas dominado o teu quecemento e esteas seguro que cumpre coas condicións que se che piden, grávao.
    • TAREFA: DESEÑA O TEU PROPIO QUECEMENTO.

      Agora que xa recordaches como era un quecemento chegou o momento de poñelo en práctica.

      Deseña un quecemento que podas realizar na túa casa, no espazo que teñas.

      O quecementos terá que:

      • Ter unha duración mínima de 5 minutos e máxima de 10.
      • Estar presentes as 3 partes do quecemento.
      • Traballar todos os grupos musculares (todas as partes do corpo).
      • Facelo na orde correcta.

      Deséñao e practícao varias veces. Unha vez que consideres que xa o tes ben feito, grávate facéndoo e compárteo comigo por DRIVE para que o poda avaliar.

      Para nomear o arquivo escribe o teu nome e o primeiro apelido seguido do teu curso. Por exemplo: josefernandez4Aquecemento.

      O meu enderezo  para calquera consulta e para compartir a tarefa é erey0@iescotarelo.net

      DATA LÍMITE DE ENTREGA VENRES 24 DE ABRIL ÁS 23:55.

      Non forcedes a entrega até o último día, non vaia ser que despois teñades algún problema e no podades entregala.

    • CRITERIOS DE CORRECCIÓN ACTIVIDADE QUECEMENTO

      Posiblemente ao longo da túa vida, pola túa propia experiencia deportiva ou polo menos estes días vendo vídeos por YouTube coñecerás  distintos tipos de quecementos. Nos buscamos aprender e integrar un quecemento xeral básico ás nosas rutinas de clase ou de adestramento autónomo polo que estes serán os ítems ou criterios de corrección que terei en conta á hora de avaliar o voso quecemento.

          • O quecemento ten unha duración axeitada.
          • A intensidade do quecemento é progresiva (vai de máis a menos).
          • Están presentes  tódalas partes do quecemento nunha orde correcta.
          • Trabállanse todas as partes do corpo mantendo unha orde axeitada.
          • Adapta o seu quecemento ao espazo dispoñible
    • ACLARACIÓNS SOBRE A TAREFA

      Hai preguntas que facedes que seguro que lle están a pasar pola cabeza a algún outro compañeiro, polo que para axudarnos vou poñer aquí aclaracións que xurdiron a partir das vosas dúbidas:

      • Unha cousa importante da actividade do quecemento é que adaptedes esta ao espazo co que contades (de feito é un criterio de corrección). Se vivo nunha casa con finca podo empregala, se vivo nun piso e non teño moito espazo adáptome a iso. En vez de trotar con desprazamento, se vexo que isto non é posible, troto no sitio, por exemplo.
      • Adapta tamén o tempo, ao final o quecemento durará arredor de 7 minutos, distribúe o tempo entre as distintas partes. Se dedicas 5 minutos a trotar e 2 ao resto seguramente as outras partes estean incompletas. Lembra que na clase falabamos que o trote duraba de 2 a 5 minutos.
      • Sería aconsellable que se facedes algunha modificación ou credes que debedes explicar algo do que facedes e/ou o motivo, o gravedes ao inicio do vídeo da vosa tarefa.
      • Non vos precipitedes a hora de gravar as tarefas. Mirade a temporalización, tedes bastante prazo para entregalas. Cando as enviedes asegurádevos que están o mellor posible. Isto non quere dicir que vos descoidedes e se vos xunten unhas tarefas coas outras.
  • Chegou o momento de rematar o baile que tiñamos pendentes. Debido as circunstancias que estamos a vivir é imposible que podamos facer o baile xuntos, pero isto non nos vai impedir bailar.

    Ao longo destas dúas sesións imos a modificar o baile que tiñamos ensaiado co noso grupo de xeito individual, fai as modificacións que sexa necesario para que isto sexa posible. Se non é posible busca algún outro pola web e grávate facéndoo.

    Para comprobar que o que estás a facer é algo que tes preparado, e que non é froito da "inspiración do momento" debes indicar en que vídeo ou coreografía está inspirado na seguinte ligazón https://forms.gle/tb7BhUkiQqjQW9rW6

    • GUÍA DA SESIÓN:

      1.- Se non o fixeches xa, le a descripción da unidade didáctica que imos facer e preme a ligazón na que vas ter que poñer o enderezo do vídeo no que te baseas para facer a túa coreografía (non é preciso que cubras nada agora e para que che soe o que tes que facer. Cando vaias a enviar a túa gravación será o momento de cubrilo). 

      2.- Pensa nas modificación que será necesario facer na coreografía que tiñas cos teus compañeiros para que podas aproveitala para esta tarefa. Se non é posible esa adaptación busca algunha outra coreo por internet que sexas quen de reproducir ou mételle os cambios que sexan necesario para que a podas bailar.

      3.- Chegou a hora de practicar. No tempo que che quede, lembra que as sesións duran 50 minutos, vai practicando o teu baile para que esteas preparadx para gravalo o antes posible. 

    • TAREFA: GRAVA A TÚA COREOGRAFÍA

      A tarefa consiste en gravarte bailando a coreografía que estiveches a practicar. 

      Ten que ter unha duración de entre 2:30 e 3:30 minutos.

      Seguro que coñeces efectos, aplicacións... para que non sexa unha simple gravación, como bailar con outros compañeiros... bótalle imaxinación a ver que sae.

      Unha vez teñas o vídeo listo compárteo comigo por DRIVE para que o poda avaliar.

      Para nomear o arquivo escribe o teu nome e o primeiro apelido e curso seguido de baile. Por exemplo: antoniolemos1Abaile.

      O meu enderezo  para calquera consulta e para compartir a tarefa é erey0@iescotarelo.net

      DATA LÍMITE DE ENTREGA VENRES 1 DE MAIO ÁS 23:55.

      Non forcedes a entrega até o último día, non vaia ser que despois teñades algún problema e no podades entregala.

    • CRITERIOS DE CORRECCIÓN DO VOSO BAILE

      • Duración: A coreografía está axustada ao tempo fixado (2´:30” – 3´:30”).
      • Ritmo:  Adaptación dos nosos movementos a canción empregada.
      • Expresión: Interpretación, expresión facial e corporal durante a execución da composición…
      • Direccións variadas: durante a composición traballamos en distintos espazos, con distintas orientacións e dirección. Loxicamente adaptadas ao espazo que temos.
      • Comezo: Antes da realización do baile hai unha “historia” previa.
      • Fin: finalizamos a “actuación” facendo “algo”. Unha posición conxunta, un fin da historia… non acabo e marcho cada un polo seu lado.
      • Orixinalidade: Complexidade dos pasos, efectos que utilizades nas vosas gravacións, “atrezo” que empregades,  aplicacións para poder converter unha tarefa individual en algo en parellas ou grupal… tantas e tantas cousas que non pasan nin pola imaxinación de alguén da miña xeración. SORPRENDÉDEME!!!!
    • GUÍA DA SESIÓN:

      1.- Nos 50 minutos desta sesión vas a practicar o teu baile para que o teñas "controlado" para poder gravalo canto antes. 

      2.- Se xa o tes controlado podes buscar efectos ou aplicacións coas que darlle un "toque" de orixinalidade a túa gravación.

      3.- Lembra que a data límite para enviar o teu baile é o venres 1 de maio. Non esquezas enviar o enlace do vídeo no que está inspirado o teu baile.

      Moito ánimo. 

  • Ao longo desta unidade didáctica veremos nocións básicas asociadas a nutrición así unha serie de pautas a ter en conta a hora de comezar un programa de actividade física.

    • GUÍA DA SESIÓN:

      1. Le nos apuntamentos as 3 primeiras páxinas  (até que empeza a falar da preparación e mestura dos alimentos).
      2. Costesta ás preguntas 1 e 2 no documento de actividades adxunto.
      3. Como aínda nos deberían sobrar uns 30 minutos dos 50 de clase imos aproveitar para facer algo de actividade física:
        • Fai un quecemento duns 5 minutos .
        • Na parte principal imos facer un circuíto, xa que isto é o que mellor se adapta ao espazo que temos. Este circuíto terá un marcado carácter cardiovascular xa que seguramente levarás tempo parado e o corazón necesita de estímulos.
          • Jumping Jack 30 segundos (30").
          • 15 segundo de descanso (15 ")
          • Escalador 30".
          • 15" segundo de descanso.
          • Sentadillas tocando no chan cos dedos e salto (as mans baixan lateralmente polo noso corpo na sentadilla até tocar o chan). 30".
          • 15" de descanso.
          • Salto da ra 30".
          • 45" de descanso e iniciamos o circuíto de novo. (Facemos en total o circuíto 4 veces).
      • Volta a calma: Facemos estirmamentos aguantando uns 20 segundos das distintas partes do corpo que notemos que traballamos.
    • DATA LÍMITE DE ENTREGA VENRES 15 DE MAIO ÁS 23:55.

      Non forcedes a entrega até o último día, non vaia ser que despois teñades algún problema e no podades entregala.

    • GUÍA DA SESIÓN:

      1. Le as páxinas 4 e 5 (dende a preparacion e mistura dos alimentos até o Almozo. incluído)3

      Bótalle un ollo e vai facendo o que podas das preguntas 3 e 4 das actividades.

      • Na actividade número 4, se algún día non almorzache nada ou non tomache nada a media mañá, simplemente pon "NADA". Cando deseñes os "saudables" tes que completar o de todos os días. O domingo podedes escoller un almorzo que vos apeteza aínda que non sexa todo o saudable que debería ser.
      1. Como aínda nos deben quedar uns 25 minutos, imos a continuar co traballo cardiovascular que iniciamos na sesión pasada. Así:
      • Fai un quecemento duns 5 minutos.
      • Na parte principal faremos un circuíto coa mesma estrutura ca doutro día:30" de traballo 15" de descanso e 45" de recuperación entre circuítos. Facemos o circuíto 4 veces:
        • Saltos do patinador.
        • Estocadas. Se o exercicio é moi fácil para ti podes facer estocadas con salto.
        • Sentadillas con puñada.
        • Carreira no sitio.
        • Volta a calma: realizaremos alongamentos (estiramentos) duns 20 segundos da principal musculatura que implicamos na sesión.
    • GUÍA DA SESIÓN:

      1. Le as páxinas 6 e 7 (Peso axeitado e Doenzas).
      2. Bótalle un ollo e vai facendo o que podas das preguntas 5 e 6 das actividades.
      3. Como aínda nos deben quedar uns 30 minutos, imos a continuar co traballo cardiovascular como en sesión pasadas. Así:
        • Fai un quecemento duns 5 minutos.
        • Na parte principal faremos un circuíto coa mesma estrutura ca doutro día:30" de traballo 15" de descanso e 1´de recuperación entre circuítos. Facemos o circuíto 4 veces:
          • Sentadilla tipo sumo.
          • Plancha abrindo e pechando pernas: Poñémonos en posición de plancha (como se fosemos a facer flexións sen apoiar os xeonllos) e separamos as pernas e xuntámolas. Se nos é moi difícil podemos, dende a posición de plancha, abrir una perna e logo achegar a outra e logo ao revés (abro perna dereita xunto esquerda - abro esquerda xunto dereita).
          • Estocada para atrás con salto.
          • Tres pasos laterais e volvo: Dende posición de firmes dou tres pasos laterais o máis rápido posible cara a dereita, toco o chan coa man dereita e volvo facendo o mesmo cara esquerda. Repetimos tocando a dereita e a esquerda o tempo estipulado.
        • Volta a calma: realizaremos alongamentos (estiramentos) duns 20 segundos da principal musculatura que implicamos na sesión.
    • GUÍA DA SESIÓN:

      1. Le as páxinas 8 e 9 (Perda de peso).
      2. Bótalle un ollo e vai facendo as preguntas 7 e 8 das actividades.
      3. Como aínda nos deben quedar uns 25 minutos, imos a continuar co traballo cardiovascular como en sesión pasadas. Así:
        • Fai un quecemento duns 5 minutos.
        • Na parte principal faremos un circuíto coa mesma estrutura ca doutro día:30" de traballo 15" de descanso e 1´de recuperación entre circuítos. Facemos o circuíto 4 veces:
          • Skipping por detrás.
          • Elevacións de brazos en diagonal (Diagonal Chops)
          • Escalador.
          • Sentadillas con salto
      • Volta a calma: realizaremos alongamentos (estiramentos) duns 20 segundos da principal musculatura que implicamos na sesión.
    • DATA LÍMITE DE ENTREGA VENRES 15 DE MAIO ÁS 23:55.

      Non forcedes a entrega até o último día, non vaia ser que despois teñades algún problema e no podades entregala.

      Cando remates as actividades, compartídeas dende DRIVE co meu enderezo, erey0@iescotarelo.net

      Para nomear o arquivo escribe o teu nome e o primeiro apelido e curso seguido da palabra alimentación . Por exemplo: antoniolemos1Balimentación.

  • Nesta unidade didáctica repasaremos aspectos relacionados coa anatomía e cos hábitos e obrigas diarías que influen negativamente na nosa hixiene postural.

    • DATA LÍMITE DE ENTREGA VENRES 22 DE MAIO ÁS 23:55.

      Non forcedes a entrega até o último día, non vaia ser que despois teñades algún problema e no podades entregala.

      Cando remates as actividades compartídeas por DRIVE  co meu enderezo, erey0@iescotarelo.net

      Para nomear o arquivo escribe o teu nome e o primeiro apelido e curso seguido da palabra costas . Por exemplo: antoniolemos1Bcostas.

    • RUTINAS PARA TRABALLAR O CORE NA CASA:

      Deixovos tres rutinas para traballar o voso CORE. Se non as facedes enteiras podedes sacar ideas dalgún dos exercicios para crear as vosas propias rutinas.

  • O obxectivo desta unidade didáctica é o de repasar exercicios para a tonificación e o traballo da forza do noso corpo.

    Ao final da mesma pretendemos quedarnos cun repositorio de exercicios cos cales poder traballar os principais grupos musculares do noso corpo.

    • GUÍA DA SESIÓN:

      1. Le os apuntamentos para recordar aspectos relacionados coa forza e o seu traballo.
      2. Mira en que consiste a tarefa e vaite organizando para facela. Non esperes ao último momento e recorda compartila por DRIVE e nomeala correctamente.
      3. Escolle algunha da rutina que deixamos para o traballo en casa e ponas en práctica. Tes unha por cada clase de E.F que terías estes 15 días.
    • Con esta tarefa queremos aprender distintos xeitos de exercitar  a nosa musculatura sendo conscientes de que músculos estamos a traballar.

      Descarga a ficha da actividade e vaina completando. Tes que asociar unha imaxe dun exercicio de forza a cada  músculo. A imaxe que poñas pode ser algunha que atoparas por internet ou imaxes de ti mesmo facendo os exercicios.

      O formato do traballo tamén é "libre" e dicir, non tedes que entregalos na taboa que eu vos pasei. Podedes facelo como consideredes, sempre e cando apareza a imaxe do exercicio asociado ao músculo e e indicando se estás a traballar con autocargas ou con sobrecargas. A orde dos músculos ten que ser a mesma que aparece na táboa que vos mando para facilitar a corrección.

      Unha vez os teñas todos, e consideres que están ben feitos, compárteos comigo por DRIVE para que o poda avaliar.

      Para nomear o arquivo escribe o teu nome e o primeiro apelido e curso seguido de traballo forza. Por exemplo: aitortilla1Btraballoforza.

      O meu enderezo  para calquera consulta e para compartir a tarefa é erey0@iescotarelo.net

      DATA LÍMITE DE ENTREGA VENRES 29 DE MAIO ÁS 23:55.

      Non forcedes a entrega até o último día, non vaia ser que despois teñades algún problema e no podades entregala.

    • RUTINAS PARA TRABALLAR A FORZA NA CASA:

      Déixovos catro rutinas para que probedes na casa.

      Podedes facer unha distinta por cada sesión de E.F. ou combinalas como prefiras:

  • O obxectivo desta unidade didáctica é o de repasar exercicios para que nos van a servir para estirar a nosa musculatura.

    Ao final da mesma pretendemos quedarnos cun repositorio de exercicios cos cales poder estirar estirar os principais grupos musculares do noso corpo.

    • GUÍA DA SESIÓN:

      1. Le os apuntamentos para recordar aspectos relacionados coa flexibilidade e o seu traballo.
      2. Mira en que consiste a tarefa e vaite organizando para facela. Non esperes ao último momento e recorda compartila por DRIVE e nomeala correctamente.
      3. Para que podas traballar a túa flexibilidade dun xeito un pouco distinto imos a empregar unha rutinas de Ioga. Escolle algunha da rutina que deixamos para o traballo en casa e ponas en práctica. .
    • Con esta tarefa queremos aprender distintos xeitos de estirar  a nosa musculatura sendo conscientes de que músculos estamos a traballar.

      Descarga a ficha da actividade e vaina completando. Tes que asociar unha imaxe dun estiramento a cada  músculo. A imaxe que poñas pode ser algunha que atoparas por internet ou imaxes de ti mesmo facendo os exercicios.

      O formato do traballo tamén é "libre" e dicir, non tedes que entregalos na taboa que eu vos pasei. Podedes facelo como consideredes, sempre e cando apareza a imaxe do exercicio asociado ao músculo e e indicando se estás a traballar de xeito individual ou con axuda dunha parella. A orde dos músculos ten que ser a mesma que aparece na táboa que vos mando para facilitar a corrección.

      Unha vez os teñas todos, e consideres que están ben feitos, compárteos comigo por DRIVE para que o poda avaliar.

      Para nomear o arquivo escribe o teu nome e o primeiro apelido e curso seguido de flexibilidade. Por exemplo: rociolemos1Aflexibilidade.

      O meu enderezo  para calquera consulta e para compartir a tarefa é erey0@iescotarelo.net

      DATA LÍMITE DE ENTREGA VENRES 05 DE XUÑO ÁS 23:55.

      Non forcedes a entrega até o último día, non vaia ser que despois teñades algún problema e no podades entregala.

    • RUTINAS DE IOGA PARA TRABALLAR A FLEXIBILIDADE NA CASA.

  • Destacado

    Con esta actividade finalizamos as tarefas por este ano.

    E para celebralo imos aproveitar a posibilidade que temos de saír ao aire libre e facer unha pequena andaina.

    Esta tarefa ven a substituír ás probas físicas que tiñamos programadas para final de curso.

    • GUÍA DA SESIÓN:

      Como única actividade para esta unidade didáctica teredes que ler as indicación para facer a tarefa atentamente.

      Esta consistirá en saír a dar un paseo, unha volta, unha pequena andaina... a cal podemos facer sos, pero eu anímovos a que fagades esta coas vosas familias ou algún amigo.

      A andaina terá como mínimo unha duración dunha hora, teredes que sinalar o voso percorrido nun mapa e acompañalo de tres fotos vosas para demostrar que a fixestes.

      Esta tarefa é común para todo o alumnado de 3º, 4º ESO e 1º BACH co que poderedes compartir andaina e facer o traballo "conxunto" o que si cada un ten que mandar o seu mapa (aínda que sexa o mesmo) e aparecer el nas fotos para demostrar que a fixo.

      Se alguén non quere amosar a cara na foto pode distorsionala ou sacala sen que apareza a súa faciana. Confío en vos e espero non ter que perder esta confianza.

      POR FAVOR LEDE ATENTAMENTE AS INDICACIÓN DAS TAREFAS QUE APARECEN AQUÍ ABAIXO.

      DATA LÍMITE DE ENTREGA DOMINGO 14 ÁS 23:55

    • MIRADE BEN COMO TEDES QUE NOMEAR OS DISTINTOS ARQUIVOS (MAPA E FOTOS).