EXERCICIOS DE FLEXIBILIDADE - SEMANAS DO 25 MAIO AO 5 DE XUÑO
Section outline
-
O obxectivo desta unidade didáctica é o de repasar exercicios para que nos van a servir para estirar a nosa musculatura.
Ao final da mesma pretendemos quedarnos cun repositorio de exercicios cos cales poder estirar estirar os principais grupos musculares do noso corpo.
-
Con esta tarefa queremos aprender distintos xeitos de estirar a nosa musculatura sendo conscientes de que músculos estamos a traballar.
Descarga a ficha da actividade e vaina completando. Tes que asociar unha imaxe dun estiramento a cada músculo. A imaxe que poñas pode ser algunha que atoparas por internet ou imaxes de ti mesmo facendo os exercicios.
O formato do traballo tamén é "libre" e dicir, non tedes que entregalos na taboa que eu vos pasei. Podedes facelo como consideredes, sempre e cando apareza a imaxe do exercicio asociado ao músculo e e indicando se estás a traballar de xeito individual ou con axuda dunha parella. A orde dos músculos ten que ser a mesma que aparece na táboa que vos mando para facilitar a corrección.
Unha vez os teñas todos, e consideres que están ben feitos, compárteos comigo por DRIVE para que o poda avaliar.
Para nomear o arquivo escribe o teu nome e o primeiro apelido e curso seguido de flexibilidade. Por exemplo: rociolemos1Aflexibilidade.
O meu enderezo para calquera consulta e para compartir a tarefa é erey0@iescotarelo.net
DATA LÍMITE DE ENTREGA VENRES 05 DE XUÑO ÁS 23:55.
Non forcedes a entrega até o último día, non vaia ser que despois teñades algún problema e no podades entregala.