ALIMENTACIÓN SAUDABLE - SEMANA DO 27 DE ABRIL AO 3 DE MAIO (1ª SESIÓN)
ALIMENTACIÓN SAUDABLE - SEMANA DO 27 DE ABRIL AO 3 DE MAIO (1ª SESIÓN)
Section outline
GUÍA DA SESIÓN:
Le as páxinas 4 e 5 (dende a preparacion e mistura dos alimentos até o Almozo. incluído)3
Bótalle un ollo e vai facendo o que podas das preguntas 3 e 4 das actividades.
Na actividade número 4, se algún día non almorzache nada ou non tomache nada a media mañá, simplemente pon "NADA". Cando deseñes os "saudables" tes que completar o de todos os días. O domingo podedes escoller un almorzo que vos apeteza aínda que non sexa todo o saudable que debería ser.
Como aínda nos deben quedar uns 25 minutos, imos a continuar co traballo cardiovascular que iniciamos na sesión pasada. Así:
Fai un quecemento duns 5 minutos.
Na parte principal faremos un circuíto coa mesma estrutura ca doutro día:30" de traballo 15" de descanso e 45" de recuperación entre circuítos. Facemos o circuíto 4 veces:
Saltos do patinador.
Estocadas. Se o exercicio é moi fácil para ti podes facer estocadas con salto.
Sentadillas con puñada.
Carreira no sitio.
Volta a calma: realizaremos alongamentos (estiramentos) duns 20 segundos da principal musculatura que implicamos na sesión.