ALIMENTACIÓN SAUDABLE - SEMANA DO 27 DE ABRIL AO 3 DE MAIO (2ª SESIÓN)
ALIMENTACIÓN SAUDABLE - SEMANA DO 27 DE ABRIL AO 3 DE MAIO (2ª SESIÓN)
Section outline
GUÍA DA SESIÓN:
Le as páxinas 6 e 7 (Peso axeitado e Doenzas).
Bótalle un ollo e vai facendo o que podas das preguntas 5 e 6 das actividades.
Como aínda nos deben quedar uns 30 minutos, imos a continuar co traballo cardiovascular como en sesión pasadas. Así:
Fai un quecemento duns 5 minutos.
Na parte principal faremos un circuíto coa mesma estrutura ca doutro día:30" de traballo 15" de descanso e 1´de recuperación entre circuítos. Facemos o circuíto 4 veces:
Sentadilla tipo sumo.
Plancha abrindo e pechando pernas: Poñémonos en posición de plancha (como se fosemos a facer flexións sen apoiar os xeonllos) e separamos as pernas e xuntámolas. Se nos é moi difícil podemos, dende a posición de plancha, abrir una perna e logo achegar a outra e logo ao revés (abro perna dereita xunto esquerda - abro esquerda xunto dereita).
Estocada para atrás con salto.
Tres pasos laterais e volvo: Dende posición de firmes dou tres pasos laterais o máis rápido posible cara a dereita, toco o chan coa man dereita e volvo facendo o mesmo cara esquerda. Repetimos tocando a dereita e a esquerda o tempo estipulado.
Volta a calma: realizaremos alongamentos (estiramentos) duns 20 segundos da principal musculatura que implicamos na sesión.