Section outline

  • Chegou o momento de rematar o baile que tiñamos pendentes. Debido as circunstancias que estamos a vivir é imposible que podamos facer o baile xuntos, pero isto non nos vai impedir bailar.

    Ao longo destas dúas sesións imos a modificar o baile que tiñamos ensaiado co noso grupo de xeito individual, fai as modificacións que sexa necesario para que isto sexa posible. Se non é posible busca algún outro pola web e grávate facéndoo.

    Para comprobar que o que estás a facer é algo que tes preparado, e que non é froito da "inspiración do momento" debes indicar en que vídeo ou coreografía está inspirado na seguinte ligazón https://forms.gle/tb7BhUkiQqjQW9rW6

    • GUÍA DA SESIÓN:

      1.- Se non o fixeches xa, le a descripción da unidade didáctica que imos facer e preme a ligazón na que vas ter que poñer o enderezo do vídeo no que te baseas para facer a túa coreografía (non é preciso que cubras nada agora e para que che soe o que tes que facer. Cando vaias a enviar a túa gravación será o momento de cubrilo). 

      2.- Pensa nas modificación que será necesario facer na coreografía que tiñas cos teus compañeiros para que podas aproveitala para esta tarefa. Se non é posible esa adaptación busca algunha outra coreo por internet que sexas quen de reproducir ou mételle os cambios que sexan necesario para que a podas bailar.

      3.- Chegou a hora de practicar. No tempo que che quede, lembra que as sesións duran 50 minutos, vai practicando o teu baile para que esteas preparadx para gravalo o antes posible. 

    • TAREFA: GRAVA A TÚA COREOGRAFÍA

      A tarefa consiste en gravarte bailando a coreografía que estiveches a practicar. 

      Ten que ter unha duración de entre 2:30 e 3:30 minutos.

      Seguro que coñeces efectos, aplicacións... para que non sexa unha simple gravación, como bailar con outros compañeiros... bótalle imaxinación a ver que sae.

      Unha vez teñas o vídeo listo compárteo comigo por DRIVE para que o poda avaliar.

      Para nomear o arquivo escribe o teu nome e o primeiro apelido e curso seguido de baile. Por exemplo: antoniolemos1Abaile.

      O meu enderezo  para calquera consulta e para compartir a tarefa é erey0@iescotarelo.net

      DATA LÍMITE DE ENTREGA VENRES 1 DE MAIO ÁS 23:55.

      Non forcedes a entrega até o último día, non vaia ser que despois teñades algún problema e no podades entregala.

    • CRITERIOS DE CORRECCIÓN DO VOSO BAILE

      • Duración: A coreografía está axustada ao tempo fixado (2´:30” – 3´:30”).
      • Ritmo:  Adaptación dos nosos movementos a canción empregada.
      • Expresión: Interpretación, expresión facial e corporal durante a execución da composición…
      • Direccións variadas: durante a composición traballamos en distintos espazos, con distintas orientacións e dirección. Loxicamente adaptadas ao espazo que temos.
      • Comezo: Antes da realización do baile hai unha “historia” previa.
      • Fin: finalizamos a “actuación” facendo “algo”. Unha posición conxunta, un fin da historia… non acabo e marcho cada un polo seu lado.
      • Orixinalidade: Complexidade dos pasos, efectos que utilizades nas vosas gravacións, “atrezo” que empregades,  aplicacións para poder converter unha tarefa individual en algo en parellas ou grupal… tantas e tantas cousas que non pasan nin pola imaxinación de alguén da miña xeración. SORPRENDÉDEME!!!!