Crear secuencias didácticas con Moodle
Na secuencia didáctica anterior construimos unha maqueta coa nosa estrutura de SD. Podemos enchela de contidos para o noso alumnado. Ademais temos que poñela ao dispor do alumnado, publicándoa en Dropbox por exemplo. Deste xeito o noso alumnado xa podería "ver" a secuencia didáctica nos seus ordenadores pero sen interactividade, é dicir, non poderían, por exemplo, enviarnos os productos dixitais coas súas tarefas. Necesitamos, polo tanto, un contexto dixital que facilite "xestionar" o desenvolvemento da SD na aula. Un curso nunha aula virtual complementa as SD creadas coa maqueta feita en eXe no senso de que poderemos desenvolver integralmente todo o proceso con estes dous elementos: eXeLearning e Moodle.
Nesta SD que iniciamos agora veremos varios usos posibles de Moodle para xestionar as SD xurdidas de como usemos e combinemos *eXe e *Moodle nas nosas secuencias didácticas:
- Usar só eXeLearning, sen Moodle
- Usar só Moodle, sen eXelearning
- Usar ambos os complementándoos

Crear secuencias didácticas con Moodle, de Agustín Carracedo, Yolanda G. Ulla e Pablo Camarero
ten unha licenza Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0 Internacional
- Compartir — copiar e redistribuir o material en calquera medio ou formato.
- Adaptar — remesturar, transformar, recrear e crear obras derivadas sobre o material.
...mesmo con finalidade comercial, baixo as condicións seguintes:
- Atribución— Debe dar o recoñecemento apropiado, fornecer un vínculo á licenza e indicar se se fixeron cambios. Pode facelo de calquera maneira razoábel pero non de maneira que poida suxerir que o licenciante o apoia a vostede ou o seu uso. Por exemplo:
(Obra derivada de) Crear secuencias didácticas con Moodle, de Agustín Carracedo, Yolanda G. Ulla e Pablo Camarero
- Compartir Igual — Se vostede remestura, transforma ou recrea sobre o material, debe distribuír as súas colaboracións coa mesma licenza cá orixinal.
creative commons: recoñecemento - compartir igual 4.0