Guía didáctica
Introdución
Apartados do proxecto
Seguindo co funcionamento de todo o curso, esta SD tamén adopta a mesma estratexia didáctica válida para o alumnado do século XXI, da sociedade da información e o coñecemento. Dúas son as competencias principais desenvolvidas: competencia dixital e aprender a aprender.
Deseñouse para ensinar ao profesorado a crear cursos virtuais en Moodle cunha estrutura de secuencia didáctica tal como xa fixemos en eXeLearning. O obxectivo desta SD é coñecer e usar os recursos, actividades e instrumentos de avaliación que nos ofrece Moodle.
Toda a SD está orientada a conseguir un obxectivo ou produto final, que é crear un curso virtual en Moodle cunha estrutura de secuencia didtáctica seguindo a plantilla que realizamos en eXeLearning, é dicir, dotar de contidos esta estrutura deseñada para crear un curso virtual. Para elo, poderemos escoller entre 3 opcións:
- Podemos crear as SD só con eXeLearning.
- Podemos crear a SD só con Moodle.
- Podemos combinar eXe e Moodle para crear SD.
Para elo, fumos vendo en detalle cada un recursos, actividades e instrumentos de avaliación que nos ofrece Moodle e utilizando en cada caso o que nos conviña, obtendo deste xeito un curso virtual con contidos (non pedimos os contidos da secuencia didáctica completa) dentro da estrutura que cada ún deseñou e que realmente será o proxecto final deste curso.
- No apartado "Como dispor a SD ao alumnado?" enúncianse as tres posibilidades que podemos seguir á hora de dotar de contidos a nosa secuencia didáctica e crear o noso curso virtual.
- No apartado "Un curso virtual con estrutura de SD" explicítanse os pasos que iremos dando para ir coñecendo o Moodle, os seus recursos, actividades e instrumentos de avaliación de cara a ir enchendo de contidos a nosa secuencia didáctica seguindo a estrutura deseñada na SD anterior. Resúmese tamén a secuencia de pasos que se van dar para chegar ao proxecto final.
- Propóñense catro grupos de actividade adicadas respectivamente a:
- Crear e configurar un curso virtual en Moodle.
- Recursos de Moodle.
- Actividades de Moodle.
- A avaliación en Moodle.
Estas actividades conclúen nunha única tarefa ou produto final: trasladar a un curso virtual creado con Moodle a estrutura da secuencia didáctica deseñada por cada un e dotalo de contidos.
- En "Avaliación do proxecto: CV para SD" avaliaranse os traballos nun Taller na aula virtual dende tres puntos de vista:
- Autoavaliación
- Coavaliación
- Heteroavaliación
A avaliación
O tres tipos de avaliación mencionados aplícanse mediante rúbricas.
Competencias
Correlación entre competencias, contidos... etc.
|
Competencias |
Obxectivos |
Contidos |
Actividades |
Tarefas |
Avaliación |
|
Competencia dixital Competencia aprender a aprender |
2. Respectar os dereitos de autor e licenzas de uso no material multimedia |
Dereitos de autor e licenzas de uso |
1. Incorporar recursos dixitais alleos ao curso |
Trasladar a un curso virtual creado en Moodle a estrutura de secuencia didáctica que cada un deseñou e dotalo de contidos |
Autoavaliación, coavaliación e heteroavaliación do curso virtual creado coa estrutura de SD creada por cada participante |
|
3. Atender á política de accesibilidade nos materiais creados en soporte web |
Os estándares de accesibilidade web |
1. Prácticas sobre accesibilidade web en Moodle |
|||
|
7. Elaborar secuencias didácticas nunha aula virtual (LMS) tipo Moodle |
Creación dunha secuencia didáctica nunha aula virtual LMS |
1. Crear e configurar o noso curso virtual en Moodle 2. Os diferentes tipos de recursos de Moodle 3. Os diferentes tipos de actividades de Moodle 4. Os diferentes instrumentos de avaliación de Moodle |
Contidos
Os contidos son os que aparecen no cadro superior e corresponden aos sinalados polo CAFI para crear este curso.
Temporalización
O feito de usarse esta SD nun curso a distancia no que existirá disparidade no nivel de coñecementos dos participantes fai que sexa difícil asignar unha cantidade de tempo determinada pois a algúns participantes lles esixirá máis e tempo que a outros. En principio o tempo asignado a esta secuencia e as actividades que leva asociadas será de tres semanas.
Recursos complementarios
creative commons: recoñecemento - compartir igual 4.0