Avaliación do proxecto: CV para SD
As actividades e tarefas desta secuencia permitíronnos coñecer os cursos virtuais e crear un curso guiándonos pola estrutura de secuencia didáctica creada por nós. Xa temos a tarefa feita: estruturar un curso como secuencia didáctica. Chegou o momento de rematala, entregala... e avaliala.
O meu CV con estrutura de SD
Diciamos ao principio desta secuencia que iamos coñecer e practicar as opcións de Moodle para crear cursos virtuais, as súas propiedades, os seus recursos e actividades para engadir contidos e crear un curso virtual coa estrutura do noso modelo de secuencia didáctica. Do mesmo xeito que creamos unha maqueta para crear SD con eXe, creamos un curso virtual con estrutura de SD.
- Os obxectivos desta SD concrétanse no proxecto final consistente en trasladar a un curso virtual creado con Moodle a estrutura de secuencia didáctica deseñada por cada un.
- Creamos e configuremos un curso virtual.
- Incorporemos recursos de Moodle ao proxecto final, útis para transmitir información de todo tipo.
- Importamos ao curso virtual paquetes de contido IMS xerados con eXeLearning.
- Insertamos actividades de Moodle para engadir interactividade á nosa SD.
- Coñecemos os instrumentos de avaliación e incorporamos algúns ao proxecto final.
En resumo, como resultado final temos que ter un curso virtual con estrutura de secuencia didáctica. Poderemos gardar ese curso para usalo como plantilla e crear outros cursos, enchéndoo de contidos.
Presentámosche, a título de exemplo, unha pantilla coa que creamos este curso en Moodle: plantilla_curso_moodle.mbz que se queres podes restaurar e utilizar para crear o teu curso virtual ou ben partir de cero, como ti prefiras.
Especificacións do proxecto final
As especificacións deste proxecto final xa as coñeces, pois vimos traballando nelas dende o principio desta secuencia didáctica, no entanto, enunciámolas outra vez.
Os proxectos de cada un serán avaliados nun "Taller", como xa fixemos en anteriores ocasións. A tarefa consiste en subir ao Taller a ligazón ao teu curso virtual (e a súa contrasinal se a ten) e a continuación avaliarémolo dende tres tres ángulos...
- ... o propio, autoavaliación.
- ... o dos compañeiros e compañeiras, avaliación inter pares.
- ... e o do titor ou titora do curso, heteroavaliación.
Cómpre estar moi atentos aos prazos do taller de avaliación, no só da entrega e autoavaliación do traballo propio, senón tamén da coavaliación dos cursos das compañeiras e compañeiros, de aportarlles o noso punto de vista e a nosa opinión coa finalidade de melloralo.
A avaliación farémola dacordo con esta rúbrica.
creative commons: recoñecemento - compartir igual 4.0