Section outline
-
Destacado
-
Xuntamos unha presentación dixital que sintetiza a evolución da economía por rexións e sectores dende mediados do século XIX.
Resultan evidentes os contrastes entre as persistencias do sector primario e as mudanzas no secundario a escala rexional ou mesmo na costa galega.
os desaxustes entre a poboación e os recursos actuaron como factor de expulsión de milleiros de persoas que marcharon a América atraídos polas oportunidades de emprego e mellores condicións de vida que difundía a prensa, os axentes de embarque e as novas que mandaban por carta os emigrantes aos membros das súas redes sociais.
-
Este cartafol contén mapas que axudan a entender mellor as diferenzas rexionais nos procesos de industrialización e mercantilización agrícola durante a segunda metade do sec. XIX.
-
Explica a racionalidade económica e política da construción da rede ferroviaria española partindo dos mapas que fornecemos e no contexto político e tecnolóxico da segunda metade do sec. XIX.
-
A serie documental titulada Balance del S. XX dirixida polo profesor Iñaki Iriarte Goñi é unha magnífica síntese da evolución económica e social durante a pasade centuria. Estruturase nos seguintes capítulos descargables dende o sitio virtual que ofrece a canle Youtube. Recomendovos o visionado dos 2 primeiros capítulos desa serie sobre a historia económica de España para preparar os contidos referidos a eses temas:
4. Economía e democracia (1931-1936).
(1º franquismo)dos anos sesenta -
O documental Carrilanos describe as condicións de traballo e as características técnicas da liña ferrocarrileira Zamora-Ourense-Coruña:
-
Realiza e entrega unha das 2 prácticas que seguen (9.3 ou 9.4) para que sexa corrixida e valoradas para esta avaliación. Lembra que non se trata de copiar e pegar contidos do libro ou dos resumes dispoñibles nesta mesma aula virtual ou en calquera outro repositorio, senón de utilizar eses materiais xunto cos documentos que se ofrecen nas propias tarefas para respostar con precisión e rigor ás cuestións que se propoñen naquelas.
-
Explica as características da rede ferroviaria española, os obxectivos económicos e políticos cos que foi construida e os resultados acadados, partindo dos mapas e documentos que xuntamos nesta práctica.
-
Xuntamos unha proposta de mapas e documentos textuais para elaborar unha composición sobre as características da economía das rexións españolas e a súa evolución durante a segunda metade do século XIX.
-
Xuntamos unha presentación que ofrece as características básicas da evolución social e económica da España liberal decimonónica con atención ás diferenzas rexionais e ás consecuencias sociais dos procesos de industrialización, nomeadamente as migracións campo-cidade dentro do territorio español e alén do mar.
-
A aula virtual da profesora Pernas Oroza ofrece varios documentais breves sobre os procesos desamortizadores na España liberal.
Prestando unha atención especial aos deseñados por Mendizabale Madoz para fomentar o desenvolvemento da mineríaa industrialización e ferrocarrilque favoreceron as migracións ás cidades españolas e americanas dende mediados do sec. XIX: migracións.Ademais doutros documentais dedicados ao movemento obreiro internacional
a mobilización obreirista en Españaao pistoleirismo ao servizo da patronale a folga xeral de 1917:. -
É evidente na pintura realista, nas fotos e na literatura naturalista coetánea ao desenvolvemento da industrialización e ao aumento das familias obreiras nas cidades e vilas das rexións máis industrializadas de España.
-
A presenza feminina foi maioritaria en moitas actividades industriais, como o sector textil ou o conserveiro, e importante noutras. O mesmo aconteceu entre o proletariado agrícola de diversas rexións españolas.
Esculca as imaxes deste cartafol e elabora un cadro indicando que actividades desenvolven as mulleres que aparecen en cada imaxe, as datas e a provincia correspondente. Despois analiza eses datos e elabora unhas conclusións relevantes sobre a importancia da man de obra feminina na economía española da etapa da Restauración.
-
Elabora unha composición sobre as causas, as características e as consecuencias da emigración a América na época da Restauración partindo dos documentos que propomos para que fundamentes neles a túa argumentación. Debes salientar:
1. As causas deses fluxos migratorios, o perfil dos emigrantes e os principais destinos americanos entre mediados do século XIX e 1930.
2. As consecuencias positivas e negativas deses fluxos internacionais de man de obra a escala demográfica, económica, social e cultural: a importancia das remesas particulares e colectivas na modernización económica das rexións con forte emigración de retorno como Asturias ou Galicia.
3. A pegada da emigración na politización das sociedades de orixe a través das sociedades de instrucción e da actuación dos americanos retornados.
-
A serie documental sobre a pegada dos indianos que está dispoñible na RTVG á carta describe ben o protagonismo que tiveron varios arxentinos e cubanos que retornaron a Galicia con capitais e iniciativa abondo para desenvolveren actividades innovadoras na industria e noutros sectores da economía galega dende finais do século XIX e ata 1936.
-
O teatro e a música foron espazos para a denuncia das desigualdades sociais froito da explotación laboral das persoas traballadoras por conta allea.
Sirvan como exemplo os coñecidos "Monólogo do vello traballador"
do grupo noiés Os Tamara e o "Vals do obreiro" do grupo Ska-PRecomendamos a escoita atenta de ambas as dúas letras para reflexionar sobre a importancia das reivindicacións das organizacións obreiristas na mellora das condicións de traballo e de vida das xentes do común.
-
Os datos sobre a evolución histórica do PSOE e da UXT que podedes consultar nos sitios virtuais de dúas fundacións que axudan a entender a relevancia desas dúas organizacións socialistas (marxistas dende as súas orixes a finais do sec. XIX ata os anos setenta do século pasado) na construción dunha sociedade máis solidaria, xusta e democrática aplicando unha praxe socialdemócrata fronte as estratexias revolucionarias da CNT.
A fundación Pablo Iglesias ofrece exposicións e conferencias.
A Fundación Francisco Largo Caballero ofrece exposicións e publicacións.
-
Podedes entregar unha das dúas tarefas que seguen, centradas nas consecuencias sociais da industrialización: condicións de vida e de traballos nas xentes do común, formas de sociabilidade e de protesta, organizacións obreiras e ideoloxías que alicerzaron esa mobilización do proletariado na españa da segunda metade do século XIX.
Lembrade que non se trata de copiar e pegar contidos do libro de texto, dos resumes dispoñibles nesta mesma aula virtual nin, moito menos, doutros repositorios na Rede, senón de respostar dun xeito preciso e argumentado ás cuestións que se propoñen nesas prácticas usando os datos dos documentos que se xuntan nelas.
-
Elabora unha composición sobre os diferentes grupos sociais, as condicións laborais e de vida e as relacións entre negocios e política na época da Restauración partindo dos documentos que propomos para que fundamentes neles a túa argumentación. Debes salientar:
1. As fortes diferenzas nas condicións de traballo, alimentación e vivenda das xentes do común (grupos sociais populares) e das elites rurais e urbanas, partindo das imaxes que xuntamos.
2. O empeoramento da situación económica dos sectores populares pola presión fiscal, as levas militares, os baixos salarios e a inflacción dende 1914 como causa das protestas sociais contra os gobernos da quenda dinástica (a Semana Tráxica, os motins antifiscais) e o auxe das organizacións obreiras.
3. A evolución das formas de organización e protesta dos obreiros industriais e agrícolas.
4. As formas de sociabilidade dese grupo de propietarios, empresarios e innovadores e a importancia que tiveron nela os balnearios, casinos e círculos mercantís.
-
Os documentos que xuntamos nesta práctica fornecen unha panorámica sobre as condicións laborais e vitais das familias obreiras na España da Restauración. Eran a causa estrutural das súas reivindicacións de mellora usando diversas formas de organización e instrumentos de protesta no contexto da expansión das ideoloxías socialisas marxista e libertaria dende 1870 ata 1936.
-