Section outline
-
-
Noveliña de xénero epistolar que reflicte como o fascismo corrompeu a sociedade alemá nos anos trinta do século pasado.
Pode traballarse xunto con secuencias da película Amén de Costa Gravras
-
Novela que describe a traxedia das persoas xudeas expulsadas da Alemania nazi que ningún estado americano quixo acoller.
-
Describe as terribles condicións da poboación recluida no guetho de Varsovia. Pode traballarse xunto con secuencias da película rebelión en Polonia de J. Avnet.
-
O 2º movemento (lento e largo, tranquilísimo) desta sinfonía
(1976) usa un texto semellante ao das cartas póstumas das persoas gaseadas ou fusiladas polos nazis.Górecki utilizou unhas frases garabateadas nas paredes dunha celda na que a Gestapo confinaba aos presos en Zakopane (sur de Polonia) antes de interrogalos. As verbas foron escritas por Helena Blazusiakówna, unha moza de dezoito anos, da que non se sabe si sobreviviu ou non aos interrogatorios da Gestapo. Helena insta á sua nai a que non chore pola filla que marcha e invoca á Virxe para que lle dea folgos, polo que semella que era católica. Por iso esta é unha carta póstuma intercambiable no seu fondo sentimento e humanidade por calquera outra (xudea, cristiá, atea...), e serve para ilustrar sonoramente a tristura, que non desesperación, dunha despedida dos seres queridos ante a irremediable inmediatez da morte no contexto da barbarie perpetrada polos nazis nos campos de exterminio.
Está dispoñible na Rede unha Sinfonietta de Cracovia, cantada por Isabel Bayrakdaraian
que presenta só ese segundo movemento que nos ocupa, gravado en diferentes espazos do complexo de Auschwitz-Birkenau que tamén poden identificarse no documental sobre Ovadia Baruj (Muro da morte no Block 11 de Auschwitz, Barracóns de Birkenau, Fábrica de explosivos Unión, Camiño de ferro e entrada a Birkenau).Podemos trazar un paralelismo entre a desesperada chamada de Ovadia, Madre!, Madre!, que serve para o salvar grazas á chegada de Aliza, co inicio do texto de Blazusiakówna, Mamo, nie placz, nie! (Mamá, non chores, non) que é a destinataria do mesmo.