Expedición de títulos, diplomas e certificacións académicas
Nesta páxina atopará a información necesaria para a solicitude de certificados, títulos e diplomas obtidos na EOI de Lugo. Lembre en todo caso que se o título, diploma ou certificación corresponde ao curso actual, débese agardar unha semana dende a data oficial da publicación das notas para facer a solicitude.
- Certificacións académicas
- Solicitude de expedición de diplomas dos cursos A2 e B1
- Solicitude de expedición dos títulos B2, C1 e C2 do plan de estudos actual (cursos 2018/19 e seguintes)
- Solicitude do título avanzado B2 do plan de estudos rematados entre 2009 e 2017, ambos incluídos
- Solicitude de expedición do título C1 aprobado antes do curso 2018/2019
- Taxas e códigos de pagamento
Certificacións académicas
- A solicitude de certificacións académicas pódese facer de xeito presencial na oficina administrativa do centro, acreditando a súa identidade, ou ben enviando un correo electrónico á dirección eoi.lugo.secretaria@edu.xunta.gal no que se debe achegar unha copia do DNI ou NIE do solicitante.
- Se a persoa solicitante non é o/a titular da certificación, deberá estar debidamente autorizada.
- As certificacións académicas non teñen taxas asociadas.
- Unha vez feita a solicitude da certificación académica, enviarase asinada dixitalmente por correo electrónico no prazo máximo dunha semana ao correo electrónico no que foi solicitada ou, no seu defecto, ao que figura no expediente académico da persoa titular.
- Teña en conta que en períodos de matricula ou exames o prazo para a tramitación deste tipo de documentación pode ampliarse.
- En todo caso, durante o mes de agosto non se asinarán certificacións académicas. O alumnado que precise unha certificación académica deberá solicitala antes do 30 de xullo ou da data que se determine segundo o curso académico. As solicitudes que se reciban durante o mes de agosto asinaranse electronicamente no mes de setembro.
Expedición de diplomas de A2 e B1
- A solicitude de diplomas de A2 e B1 pódese facer de xeito presencial na oficina administrativa do centro, acreditando a súa identidade, ou ben enviando un correo electrónico á dirección eoi.lugo.secretaria@edu.xunta.gal no que se debe achegar unha copia do DNI ou NIE do solicitante.
- Este tipo de diplomas non teñen taxas asociadas.
- Unha vez feita a solicitude do diploma, enviarase asinada dixitalmente por correo electrónico no prazo máximo dunha semana ao correo electrónico no que foi solicitada ou, no seu defecto, ao que figura no expediente académico da persoa titular. Alternativamente, poderase recoller na oficina administrativa do centro ben directamente, acreditando a súa identidade, ben a través dunha persoa debidamente autorizada.
- Teña en conta que en períodos de matricula ou exames o prazo para a tramitación deste tipo de documentación pode ampliarse.
- En todo caso, durante o mes de agosto non se asinarán diplomas. O alumnado que precise un destes diplomas deberá solicitalo antes do 30 de xullo ou da data que se determine segundo o curso académico. As solicitudes que se reciban durante o mes de agosto asinaranse electronicamente no mes de setembro.
Solicitude de títulos B2,C1 e C2 do plan de estudos actual (cursos 2018/19 e seguintes) e avanzado B2 do plan de estudos rematados entre 2009 e 2017, ambos incluidos)
- Os títulos de nivel intermedio B2, avanzado C1 e avanzado C2 do plan de estudos actual (cursos 2018/19 e seguintes) e avanzado B2 (plan de estudos anterior a 2018/19) son emitidos pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.
- A solicitude destes títulos leva asociado o pagamento de taxas.
- A solicitude de títulos faise na oficina administrativa do centro onde se aprobou o exame conducente á certificación que se solicita.
Débense seguir os seguintes pasos:
- Cubrir o fomulario correspondente ao título que desexa solicitar que pode descargar nas seguintes ligazóns:
- Formularios do plan de estudos actual (curso 2018/19 e seguintes):
- Formularios do plan de estudos rematados entre 2009 e 2017, ambos incluídos
- Pagar as taxas correspondentes Lembre que para facer este trámite pode recoller un impreso na oficina e facer o pago presencial en entidades bancarias colaboradoras ou ben facer o pagamento en liña. Neste caso lembre que deberá achegar o modelo 730. (Para máis información sobre taxas, códigos de pagamento e como facer o pagamento de taxas en liña prema nesta ligazón.)
- Escanear o DNI por ambas caras ou documentación que acredite a súa identidade
- Débeser achegar esta documentación á oficina administrativa do centro, ben de xeito presencial ou por correo electrónico á dirección eoi.lugo.secretaria@edu.xunta.gal. Recibirá o xustificante da solicitude do título, que deberá gardar.
- No prazo habitual de dous anos poderá retirar o seu título na oficina administrativa do centro, ben directamente, acreditando a súa identidade, ben a través dunha persoa debidamente autorizada. Se durante este prazo precisara acreditar o seu nivel, pode solicitar unha certificación académica.
Expedición do título C1 aprobado antes do curso 2018/2019
- A solicitude do título de C1 do plan de estudos anterior a 2018/2019 pódese facer de xeito presencial na oficina administrativa do centro, acreditando a súa identidade, ou ben enviando un correo electrónico á dirección eoi.lugo.secretaria@edu.xunta.gal no que se debe achegar unha copia do DNI ou NIE do solicitante.
- Este título do plan de estudos anterior ao actual non ten taxas asociadas.
- Transcorrida unha semana dende a solicitude, poderase recoller na oficina administrativa do centro ben directamente, acreditando a súa identidade, ben a través dunha persoa debidamente autorizada.
- Teña en conta que en períodos de matricula ou exames o prazo para a tramitación deste tipo de documentación pode ampliarse.
*Códigos de tramitación para a solicitude de títulos
| Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional | 07 |
| Delegación de servizos centrais | 13 |
| Servizo: Ensino Medio | 03 |
| Taxa: Expedición de títulos académicos correspondents ás ensinanazas establecidas pola LOE | 302003 |
Taxas para a solicitude de títulos
| Título/Tarifas (en euros) | Tarifa normal | Familia numerosa categoría xeral | Familia numerosa categoría especial | Duplicado | |
| Certificado de nivel B2, C1 e C2 de idiomas (LOE-LOMCE) | 25'91 | 12'97 | 0 | 2'55* | |
| Certificado de nivel avanzado B2de idiomas (LOXSE) | 25'91 | 12'97 | 0 | 2'55* | |
| * En caso de perda ou extravío o alumno asumirá ademáis o coste de publicación do anuncio no Doga para a obtención do duplicado. Se o título está danado, deberá entregalo no centro coa solicitude do duplicado. En todo caso, contacte coa oficina do centro antes do pagamento das taxas e da solicitude dun duplicado. | |||||
![]() |
![]() |










