Probas de certificación-Alumnado oficial
Como son os exames? De que partes constan? Os exames constan de catro ou cinco partes, dependendo do nivel:
Niveis A1 e A2: catro actividades de lingua
- comprensión de textos escritos (CTE)
- comprensión de textos orais (CTO)
- produción, coprodución e mediación de textos escritos (PCME)
- produción, coprodución e mediación de textos orais. (PCMO)
Niveis B1-C2: cinco actividades de lingua
- comprensión de textos escritos (CTE)
- comprensión de textos orais (CTO)
- produción e coprodución de textos escritos (PCTE)
- produción e coprodución de textos orais (PCTO)
- mediación (de textos orais e escritos) (MED)
En calquera caso, o seu profesor/a facilitaralle información sobre a avaliación a principios de curso. Pode tamén consultar o proxecto didáctico do departamento correspondente.
O alumnado libre ten ao seu dispor as guías do candidato, onde se explica o nivel que se esixe, os dereitos e obrigas do/a candidato/a, e as partes do exame. Estas guías son útiles tamén para o alumnado oficial dos cursos pares, que se presenta á proba de certificación ao rematar o curso. Pode consultar estas guías nesta ligazón.
Tamén pode consultar modelos das probas nesta ligazón.
Cando e onde son os exames? O calendario de exames de probas de certificación escritas está elaborado pola Consellería de Educación. Unha vez que se publica, as escolas completan o calendario das probas non certificativas e as probas orais. Unha vez rematado o calendario, publicase na páxina web e envíase ao alumnado a través de CentrosNet. As probas adoitan ser entre os meses de maio e xuño.
Non podo presentarme ao exame da convocatoria ordinaria, podería facelo noutra data? As datas das probas escritas son inamovibles. Se o alumnado oficial, CALC e CUALE non poden facer a parte escrita na convocatoria ordinaria, pode presentarse a esta parte na convocatoria extraordinaria. O alumnado libre só ten dereito a unha convocatoria que coincide coa convocatoria ordinaria.
A proba oral só se podería cambiar se o departamento ten convocado probas orais do mesmo nivel noutra data, e sempre que se xustifique a necesidade do cambio documentalmente perante a xefatura de estudos, quen confirmará se o cambio é posible.
Non podo presentarme ao exame da convocatoria extraordinaria, podería facelo noutra data? Se unha persoa non pode facer a parte escrita na convocatoria extraordinaria deberá matricularse de novo cando remate o curso.
A proba oral só se podería cambiar se o departamento ten convocado probas orais do mesmo nivel noutra data, e sempre que se xustifique a necesidade do cambio documentalmente perante a xefatura de estudos, quen confirmará se o cambio é posible.
Como podo saber as miñas cualificacións? Na súa sesión de CentrosNet.
Se na convocatoria ordinaria aprobo unhas partes do exame e outras non, teño que facer todas as partes do exame na convocatoria extraordinaria? Non, na convocatoria extraordinaria só ten que facer as partes suspensas. Nos niveis B1, B2, C1 e C2 tamén pode presentarme a subir nota para acadar o total de 81'25 preciso para aprobar (só naquelas partes nas que obtivese como máximo 16'25 na convocatoria ordinaria). Ten información máis detallada no apartado "Puntuación das probas"
Podo ver o meu exame? Si. Consulte a data e hora de revisión no calendario de exames. Se non pode acudir ao centro na data fixada, deberá presentar xustificación documental da causa que llo impide e solicitar unha cita co seu profesor/a ou, no caso do alumnado libre, coa xefatura do departamento correspondente.
Fun a revisión do meu exame e non estou dacordo coa cualificación. Que podo facer? Consulte o período de reclamación no calendario de exames.
![]() |
![]() |










