Puntuación das probas
Nivel A2
- A puntuación máxima será de 100 puntos.
- As probas constarán de catro partes (comprensión de textos orais; produción, coprodución e mediación oral; comprensión de textos escritos; e produción, coprodución e mediación escrita), e cada parte terá un valor de 25 puntos.
- Para superar a proba, o alumnado terá que acadar, polo menos, 15 puntos en cada unha das catro partes.
- O alumnado da modalidade libre (a excepción do alumnado CALC e CUALE) só ten dereito a presentarse á unha proba, coincide coa convocatoria ordinaria.
- O alumnado CALC e CUALE que non acade o mínimo de 15 puntos en cada parte, deberá examinarse daquelas nas que non obtivese 15 puntos na convocatoria extraordinaria.
Niveis B1, B2, C1 e C2 (C2 só para alumnado oficial, Calc e Cuale)
- A puntuación máxima será de 125 puntos.
- As probas constarán de cinco partes e cada parte terá un valor de 25 puntos.
- CTO: comprensión de textos orais;
- CTE: comprensión de textos escritos;
- PCTO: produción e coprodución de textos orais;
- PCTE: produción e coprodución de textos escritos; e
- Mediación
- Para promocionar de curso, o alumnado terá que acadar, polo menos, 12,5 puntos en cada unha das partes, e unha puntuación mínima do 65% do total da proba (é dicir 81,25 puntos sobre 125).
- O alumnado da modalidade libre (a excepción do alumnado CALC e CUALE) só ten dereito a presentarse á unha proba, coincide coa convocatoria ordinaria.
- O alumnado CALC e CUALE que non acade o mínimo do 65% na convocatoria ordinaria, poderá examinarse na convocatoria extraordinaria daquelas partes nas que non obtivera 12,5 puntos, e tamén daquelas outras nas que non acadase a puntuación mínima do 65% (16,25 puntos sobre 25). Neste caso, se a cualificación obtida na convocatoria ordinaria é superior á que se obteña na extraordinaria, manterase a cualificación máis alta para o cálculo da nota final.
![]() |
![]() |










