Solicitude de renuncia á matrícula
- O alumnado poderá solicitar a renuncia á matrícula antes do 15 de abril.
- A renuncia é efectiva desde o momento en que se tramita a solicitude, polo que o alumado que renuncie non poderá asistir a clase desde ese momento.
- A renuncia nun curso/nivel non computará para efectos de permanencia. A permanencia no curso e nivel correspondente está limitada ao doble de anos académicos dos que conste o nivel.
- A renuncia non implica a devolución das taxas aboadas nin exime do pago íntegro da matrícula non caso de que se seleccionase fraccionamento de pago.
- O alumnado que renuncie á matrícula perde a condición de alumnado de continuación e, por tanto, se despois desexa continuar os seus estudos, deberá someterse de novo ao proceso de preinscrición, admisión e matrícula.
Como solicitar a renuncia á matrícula
Para tramitar a renuncia deben seguirse estes pasos:
Descargar o formulario de renuncia nesta ligazón.
Cubrir o formulario no propio ordenador (non é necesario imprimir o documento, é un formulario editable)
Gardar o documento no ordenador para que manteña os datos da persoa interesada.
Enviar este documento no ordenador para que manteña os datos da persoa interesada.
Enviar o documento cubero a eoi.lugo.secretaria@edu.xunta.gal poñendo no asunto "Renuncia á matricula + nome e apelidos da persoa solicitante" antes do 15 de abril.
Tamén é posible descargar e imprimir o documento para entregalo de xeito presencial na oficina da escola no mesmo prazo establecido.
![]() |
![]() |










