Cambios de grupo
Unha vez rematado o proceso de matrícula, nas primeiras semanas do curso, hai un prazo para cambios de grupo sen necesidade de xustificante. A solicitude de cambio farase en liña a través de CentrosNet nos prazos previstos, dos que se informará polas canles de comunicación habituais: mensaxería en CentrosNet e notificación na páxina web da escola. Os cambios de grupo só se farán efectivos se hai prazas vacantes no grupo ao que se desexe cambiar.
Se o cambio de grupo implica facer un cambio entre sitios de docencia (sede central a extensións ou á inversa) hai que cubrir unha solicitude de cambio de grupo e enviala ao correo eoi.lugo.secretaria@edu.xunta.gal ou entregalo na secretaría do centro. Pode descargar e encher o formulario de solicitude de cambio de grupo nesta ligazón.
Pasos para facer o cambio de grupo en CentrosNet
Entre en CentrosNet co seu usuario e contrasinal, prema en cambio de grupo dentro da lapela xeral e seleccione o grupo ao que quere cambiar. Lembre que só aparecerán dispoñibles aqueles grupos nos que haxa prazas libres.
Cambios de grupo fóra dos prazos ordinarios
Fóra do prazo ordinario só se pode cambiar de grupo cun xustificante ante xefatura de estudos e só se hai praza no grupo solicitado.
Deberá achegar a solicitude de cambio de grupo ao correo electrónico eoi.lugo.secretaria@edu.xunta.gal e agardar á notificación por parte da escola para poder incorporarse ao novo grupo solicitado. En ningún caso se pode asistir ás clases do grupo solicitado sen ter recibida a notificación de que o cambio de grupo foi concedido. Pode descargar e encher o formulario de solicitude de cambio de grupo nesta ligazón.
Non se farán cambios de grupo despois do 15 de abril do curso actual.
![]() |
![]() |










