Como facer pagamentos en liña na Oficina virtual tributaria da Axencia Tributaria de Galicia
Acceda á Oficina Virtual Tributaria da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia nesta ligazón ↩, e siga a ruta: Pago de taxas e prezos: Iniciar taxa>Acceso libre>Iniciar taxa (botón azul á dereita da pantalla). Consigne os seus datos persoais e os códigos de tramitación ↩ pertinentes e dea a orde de pago.
Se o precisa, pode consultar esta guía para pagar taxas na oficina virtual tributaria.
Para que os trámites teñan validez, debe descargar o xustificante de pago modelo 730 , no que conste un código seguro de verificación (CSV) composto de 16 caracteres alfanuméricos. Non é válido o recibo do pago con tarxeta que tamén se pode obter realizando o pago telemático.
Achegue unha copia do modelo 730 xunto coa demais documentación requerida segundo o trámite administrativo. Posteriormente, a secretaría do centro contrastará os datos do pagamento a través da Consellería de Economía e Facenda.
![]() |
![]() |










