Obxectivo 1: Converter a escola nunha comunidade de aprendizaxe permanente inclusiva e sostible
Descrición
É preciso continuar e afondar na liña de traballo de formación en Deseño Universal da Aprendizaxe (DUA) iniciada para lograr que todo o alumnado se sinta parte da escola independentemente das súas condicións sociais, económicas, de formación educativa ou de idade para que a aprendizaxe resulte significativa e sostible no tempo. A biblioteca escolar como espazo creativo e de reunión da comunidade educativa creará RUTAS de aprendizaxe desde diversas perspectivas (na aula, en encontros semanais en que se realicen actividades conxuntas como clubs de lectura, podcasts para a radio do centro, proxectos sobre experiencias, organización de rutas literarias, históricas o na natureza, fóra do centro e así conectar coa contorna, etc). Erasmus+ proporcionará a profesorado e alumnado un espazo para coñecer, realizar e aprender a xestionar experiencias similares noutros centros.
Temporización
Fin do curso 24/25: crearase unha comisión de alumnado (voluntariado de biblioteca) e profesorado que faga una proposta de rutas de aprendizaxe para o curso 25/26.
Principio do curso 25/26: se incluirán na Programación Xeral Anual as propostas de rutas de aprendizaxe desta comisión.
Fin do curso 25/26: avaliación das propostas e elaboración de novas propostas.
Fin do curso 26/27: o número de participantes nas rutas de aprendizaxe terá aumentado considerablemente.
Avaliación
Indicadores de logro:
- Redúcese o número de alumnado que abandona os seus estudios unha vez que os inicia.
- Redúcese o número de alumnado con NEE (Necesidades Educativas Especiais) que abandona os seus estudos na EOI.
- Aumenta o número de alumnado que se matricula na EOI.
- Aumenta o número de alumnado con NEE que se matricula na EOI.
- Aumenta o número de alumnado que se implica na xestión do centro.
Instrumentos de avaliación:
- Estadísticas de matrícula, asistencia e resultados académicos.
- Estadísticas de participación en actividades e órganos de xestión.
- Enquisas de satisfacción.
Obxectivo 2: Formar o profesorado en IA e en metodoloxías TAC, TIC e TEP que lle permitan axudar a mellorar as compentencias de todo o alumnado, tendo en conta as singularidades de cada individuo.
Descrición
O profesorado precisa formación e actualización nas metodoloxías (TAC1, TIC2, TEP3) que o capaciten no seu obxectivo común de facer que todo o alumnado se sinta incluído, motivado e así lograr que o seu aprendizaxe sexa significativo e evitar o abandono escolar. A formación que realicen facilitará o uso das ferramentas tecnolóxicas das que dispoñen e habilitará para transmitir ao alumnado os coñecementos precisos para o seu aproveitamento, logrando así que se volvan máis autónomos e, ao mesmo tempo, participativos nas dinámicas da escola.
Hai unha enorme necesidade de formación en Intelixencia Artificial (IA) como ferramenta de xestión do aula e de promoción da autonomía do alumnado. Esta formación vai da man do imprescindible manexo dos dereitos de autor e dos perigos do uso de ferramentas tecnolóxicas que tamén poden afectar á integración do alumnado.
Temporización
1º ano: o profesorado que participou nas mobilidades aplica os coñecementos adquiridos na súa aula e transmíteos ao claustro.
2º ano: inclúese nas programacións e o 80% do profesorado aplícao na súa aula.
3º ano: melloran os resultados do alumnado, diminúe o abandono escolar e aumenta a implicación do alumnado na escola.
Avaliación
Indicadores de logro:
- Diminución no abandono dos estudos iniciados por alumnado matriculado no centro.
- Aumento do número de profesores que se implican nas actividades do centro.
- Mellora nos resultados de avaliación do alumnado.
Instrumentos de avaliación:
- Estatísticas de asistencia e de resultados académicos.
- Enquisas ao profesorado e ao alumnado onde se reflicta se se aprecian cambios na xestión da diversidade dentro do aula.
Obxectivo 3. Lograr a implicación de toda a comunidade educativa na xestión do centro e no compromiso coa sociedade a través dunha estratexia integral de centro.
Descrición
Precisamos que o profesorado, o alumnado e o resto do persoal se involucren de maneira significativa na vida da escola e que esta dinámica se estenda ao resto da sociedade. O voluntariado da biblioteca necesita implicarse activamente na xestión de actividades que lle dean sentido ao seu traballo e implicar a máis alumnado na creación de comisións que axuden na toma de decisións da xestión do centro. Iniciouse a colaboración con centros educativos cercanos, como o Conservatorio Profesional de Música, a través dun proxecto de innovación educativa do goberno rexional, pero precisamos observar colaboracións similares e aprender a xestionalas para facelas máis eficientes e extensivas a outros centros. Así mesmo, é necesaria unha cooperación efectiva e continuada no tempo con outras institucións internacionais que converta este plan en sostible a longo prazo (por exemplo, a creación dun foro de debate e intercambio de experiencias).
Temporización
Ao final do curso 24/25:
- Informarase o profesorado e a comunidad educativa a través dos órganos colexiados, de forma que se poidan crear as primeiras comisións de alumnado e profesorado implicados en diferentes aspectos da Axenda 2030.
- O alumnado que xa está implicado actualmente na biblioteca terá mellorado a súa competencia.
- Creación dun foro de debate europeo.
Fin do curso 25/26: Posta en marcha das primeiras iniciativas
Fin do curso 26/27: Primeiros resultados positivos
Avaliación
Indicadores de logro:
- Aumento do número de alumnado voluntario na biblioteca.
- Aumento da participación de alumnado e profesorado nas actividades promovidas desde as comisións creadas.
- Aumento no número de colaboracións con institucións doutros países, a través do foro de debate aberto, en plataformas como eTwinning ou ePale.
Instrumentos de avaliación:
- Recollida de datos a través de formularios de participación e satisfacción.
- Memorias anuais das diferentes comisións e da memoria anual do centro.
Obxectivo 4: Convertir o centro en espazo de reflexión e implicación na protección do medioambiente, que forme parte da estratexia integral do centro.
Descrición
Como se explica na sección anterior, actualmente a xestión do medio ambiente no centro depende unicamente dos órganos colexiados e do equipo directivo.
Aínda que este tema está nas programacións de todas as linguas que ensinamos, non existe un compromiso integral activo coa loita contra o cambio climático. A creación dunha comisión de medio ambiente (alumnado e profesorado) que analice a situación do centro nesta materia e que elabore propostas de mellora e actividades concretas e efectivas contribuirá a mellorar o compromiso cívico da comunidade educativa e a participación na vida do noso entorno.
As actividades propostas estarán integradas nas RUTAS de aprendizaxe de forma que se consoliden dentro da estratexia integral de aprendizaxe do centro.
Establecerase contacto a través da creación dun foro de debate con outras institucións europeas para realizar observacións nos seus centros e construir unha Europa sostible.
Temporización
Curso 24/25:
- Concienciación do propio profesorado sobre a importancia da sostenibilidade e a protección do medio ambiente a través da realización dunha actividade de formación.
- Creación dunha comisión de medio ambiente, que estableza contactos con outras institucións europeas a través da creación dun foro de debate.
Curso 25/26:
- Creación dun proxecto humilde e difusión para implicar o resto do alumnado.
Curso 26/27:
- Posta en marcha das primeiras medidas.
Avaliación
Indicadores de logro:
- Número de actividades ou iniciativas organizadas pola defensa do medio ambiente.
- Número de persoas do centro implicadas nesas actividades.
- Número de institucións que participan no foro de debate.
- Número de entradas que realizan as institucións no foro.
Instrumentos de avaliación:
- Enquisa ao final de cada ano a toda a comunidade educativa sobre a evolución da súa concienciación medioambiental.
1Tecnoloxías para a Aprendizaxe e o Coñecemento
2Tecnoloxías da Información e da Comunicación
3Tecnoloxías para a Educación e a Práctica








