QUE É THAT'S ENGLISH?
That's English! é o programa oficial de inglés a distancia que abarca desde o nivel Básico A2 hasta o Avanzado C1. Está deseñado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e Deportes e ten titorías nas Escolas Oficiais de Idiomas. É oficial, e equivalente aos cursos presenciais e axustado ao Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL).
QUE INCLÚE THAT'S ENGLISH?
Plataforma e-learning:
A plataforma That's English! dispón de actividades interactivas e autocorrexibles con múltiples axudas didácticas, para que poidas estudar inglés de forma autónoma e amena. Ademais das actividades de inglés, terás acceso a contidos extra, podcast e un dicionario completo de inglés en liña.
Libros de texto:
Se prefires estudar en papel, tamén podes. A matrícula inclúe os libros en papel que poderás complementar co material audiovisual dispoñible na app ou na plataforma.
App de inglés:
Coa app poderás manter o teu inglés ao dias coa sección de noticias e acceder aos vídeos e audios do programa. Ademáis dos recursos para aprender inglés, disporás dun diccionario interactivo gratuito de inglés e de podcast para adestrar o teu oido.
Titorías:
Sabemos que para aprender inglés é esencial a práctica oral, por iso contas con sesións semanais impartidas por un titor da Escola Oficial dentro do horario asignado ao teu grupo. Ao tratarse dun curso a distancia, a titoría non é obrigatoria para superar o curso pero recomendámosche que as aproveites porque resultan de gran utilidade para alcanzar os obxectivos.
PROBA VIA
Realiza a proba de nivel sen compromiso e de xeito gratuito na ligazón que activaremos o primeiro día de matrícula. Podes consultar o manual para a realización desta proba premendo aquí.
DESCONTOS E EXENCIÓNS
Revisa se tes dereito a algún desconto ou exención en https://www.thatsenglish.com/curso-oficial
Se es alumno repetidor non poderás acollerte a ningún desconto, é dicir, pagarás o prezo completo.
Os descontos non son acumulables entre si. Por exemplo, se te acolles a un desconto por persoal da administración pública, o teu familiar non poderá acollerse ao desconto por unidade familiar.
Bolsa do Ministerio de Educación e Formación Profesional
Consulta se cumpres os requisitos para ser beneficiario das bolsas de carácter xeral que convoca o Ministerio de Educación para estudantes que cursen estudos postobligatorios.
Para coñecer máis detalles visita a web do Ministerio de Educación e Formación Profesional.
DISTRIBUCIÓN DE ESTUDOS
NIVEL BÁSICO A2
- Primeiro curso Módulos Básico A2.1 e A2.2
- Segundo curso Módulos Básico A2.3 e A2.4
Proba terminal de Certificación específica de Nivel BÁSICO ao rematar o Módulo A2.4. Farase conxuntamente cos alumnos do ensino presencial desta EOI
NIVEL INTERMEDIO B1
- Único curso Módulos Intermedio B1.1 e Intermedio B1.2
Proba terminal de Certificación específica de Nivel B1 ao rematar o Módulo B1.2. Farase conxuntamente cos alumnos do ensino presencial desta EOI
NIVEL INTERMEDIO (B2)
- Primeiro curso Módulos Intermedio B2.1 e Intermedio B2.2
- Segundo curso Módulos Intermedio B2.3 e Intermedio B2.4
Proba terminal de Certificación específica de Nivel B2 ao rematar o Módulo B2.4. Farase conxuntamente cos alumnos do ensino presencial desta EOI
NIVEL AVANZADO (C1)
- Único curso Módulos Avanzado C1.1 e Avanzado C1.2
Proba terminal de Certificación específica de Nivel C1 ao rematar o Módulo C1.2. Farase conxuntamente cos alumnos do ensino presencial desta EOI
MÁIS INFORMACIÓN
Para facer calquera consulta relativa ao programa, infórmate no teléfono 982 82 92 42 ou no correo eoi.lugo@thatsenglish.com, tamen podes visitar a web https://www.thatsenglish.com/curso-oficial








