Inscricición nas probas de certificación do alumnado That's English!- 2025-2026
O alumnado do programa That’s English! que que estea a cursar os módulos A2.4, B1.2 e B2.4 e desexe realizar as probas de certificación deberá realizar a inscrición nas probas de certificación , segundo o establecido no apartado 8.4.2 da Instrución 7/2025, agás o alumnado do módulo C1.2.
A inscrición nas probas de certificación farase entrando na seguinte ligazón:
https://www.informaticacentros.com/xuntathats
| Alumnado dos programa That's English! | ||
| Prazo de inscrición | > | 23 febreiro- 06 marzo 2026 (ata ás 23:59h) |
| A realización das probas de certificación estará condicionada á superación dos módulos anteriores previstos polo programa That’s English!. | ||
O alumnado que non realice a inscrición segundo o procedemento e prazos establecidos entenderase que non opta por realizar as probas de certificación, polo que non terá dereito a presentarse en ningunha das convocatorias. Porén, terá dereito a presentarse á proba de avaliación final de módulo do programa That’s English!.
O alumnado matriculado no módulo C.1.2 non terá que realizar ningunha solicitude de inscrición e poderá concorrer ás probas de certificación.
Este alumnado non terá que aboar prezos públicos polo acceso ás probas de certificación.
As probas de certificación realizaranse nos centros que figuran no anexo I da Instrución 1/2026 da Dirección Xeral de Formación Profesional.
O alumnado non poderá estar matriculado no mesmo idioma e curso no mesmo ano académico polo réxime oficial (incluído That's English! e libre simultaneamente.








