Que é GeoGebra?
GeoGebra é un software de matemáticas enfocada a todos os niveis educativos. Reúne dinamicamente xeometría, álxebra, estatística e cálculo en rexistros gráficos, de análises e de organización en follas de cálculo. GeoGebra, coa súa libre axilidade de uso, congrega a unha comunidade vital e en crecemento. En todo o mundo, millóns de entusiastas adóptano e comparten deseños e aplicacións de GeoGebra. Dinamiza o estudo. Harmoniza o experimental e o conceptual para experimentar unha organización didáctica e disciplinar que cruza matemática, ciencias, enxeñaría e tecnoloxía (STEM: Science Technology Engineering & Mathematics). A comunidade que congrega esténdeo como recurso mundial, potente e innovador para a cuestión clave e clásica do ensino e a aprendizaxe!
Datos interesantes:
- GeoGebra reúne gráfica e dinamicamente álxebra e xeometría, análise e follas de cálculo.
- Potentes ferramentas en harmonía cunha interface intuitiva e áxil.
- Ferramenta de autoría para crear recursos de aprendizaxe interactivos como páxinas web.
- Políglota! Porque está dispoñible en cada idioma requirido polos millóns de usuarios do mundo.
- Software de código aberto libre e dispoñible para usos non comerciais.
Ligazóns para aprender GeoGebra
iDevice GeoGebra
Os recursos GeoGebra deben incorporarse mediante o Idevice "Actividade GeoGebra" do apartado "Ciencias". Evita engadir recursos embebidos con iFrame.
Vantaxes de utilizar o iDevice "Actividade GeoGebra".
- Compatibilidade con futuras versións de eXeLearning, asegúrase así a dispoñibilidade e interactividade en futuras versións evolutivas do programa. Neste caso, lembrar o indicado no seguinte punto.
- Se a miniaplicación (applet) interactivo de Geogebra é avaliable, ao despregar o noso REA como paquete SCORM en LMS como Moodle, gardaríase as puntuacións no libro de cualificacións de Moodle. Este aproveitamento non é posible no caso de que se incorpore o applet de Geogebra autoavaliable a eXeLearning usando outro iDevice.
- Que apareza como actividade interactiva e, por tanto, contraída por defecto. Con iso conseguimos non estender a páxina no seu visionado inicial.
- Con carácter xeral, as medidas da miniaplicación (applet) de GeoGebra deben ser 675 x 417. Deste xeito, non é necesario axustar o parámetro Tamaño (%) no iDevice.
- Se son distintas, axusta o Tamaño (%) ao valor que corresponda, é dicir, 100 x 675 / ancho_applet.
- En Opcións Avanzadas, marcarase a casa Pantalla Completa e Icona de Reinicio. Cómpre desmarcar o zoom na miniaplicación e no propio iDevice de eXeLearning.
Opcións avanzadas
Nomenclatura e etiquetaxe dos applets na Conta GeoGebra:
- GG_MAT2ESO_REA01_titulo - se o applet foi creado polos autores do REA
- Non se modifica - se o applet é doutro/a autor/a. Neste caso hai que facer unha copia do applet na conta de cREAgal e eliminar o texto “Copia de”.
Organización dos applets na conta GeoGebra de cREAgal
Todos os applets, tanto os propios como as copias de outros/as autores/as, estarán aloxados na conta GeoGebra de cREAgal, na carpeta correspondente.
Exemplo: MAT2ESO -> 01_MAT2ESO_ENTEROS
Medidas dos applets
Con carácter xeral, as medidas do applet de GeoGebra deben ser 675 x 417. Deste xeito, non é necesario axustar o parámetro Tamaño (%) no iDevice.
Se son distintas, axusta o Tamaño (%) ao valor que corresponda, é dicir, 100 · 675 / ancho_applet.
Opcións avanzadas do iDevice Actividade GeoGebra
Teremos marcadas as opcións:
- Botón de pantalla completa.
- Icona de reinicio.
E desmarcado: - Zoom.
No caso da Autoría
- Deixase marcada se é de elaboración propia.
- E desmarcase se é unha copia de outro autor/a. Neste último caso engádese a autoría no Contido que vai despois.
Exemplo:
Autoría: Ceferino A.
No nome do autor/a engadimos hipervínculo a URL do recurso (o mesmo URL que engadimos no apartado Configuración xeral do iDevice)
Applets embebidos
Recoméndase usar o iDevice GeoGebra e non embeber applets pero se houbese que utilizar esta opción debemos ter en conta que:
• Para que o applet embebido se poida poñer en pantalla completa debemos engadir allowfullscreen="allowfullscreen" ao final de código iframe.
• Se houbese que escalar o applet embebido, por exemplo ao 80% , engadimos no iframe : scale: 0.8
Nomenclatura e etiquetaxe en geogebra.org
O nome do applet GeoGebra formarase da seguinte maneira:
- “GG”
- 3 primeiras letras para a materia (MAT, LEN, ING, PEN).
- 1 díxito para o curso (1,2,3…).
- 3 seguintes letras a etapa (PRI, ESO).
- A palabra “REA”.
- 2 díxitos para o número de REA (01, 02, 03…).
- Título do Geogebra en maiúsculas (max. 12 caracteres).
- Versión: "V" + 2 díxitos para o núm.. de Versión (01, 02, 03…).
Exemplo: GG_MAT_5PRI_REA01_FRACCIONESEQUIVALENTES_V01.ggb
Trátase dun applet Geogebra de Matemáticas de 5º PRIMARIA, que se atopa no REA 1 e trata sobre fraccións equivalentes, é a primeira versión.