
Comezar a adaptar un recurso seguindo pautas de lectura facilitada
1. Analiza o documento orixinal sobre o que vas facer a adaptación e responde:
- Que tipo de texto/documento é.
- Cal é a súa temática.
- Cal é a súa extensión.
- Que elementos contén, cal é o seu deseño.
- Que necesidade cobre.
- Que complexidade ten.
- Que elementos para o deseño se usan.
2. Analiza tamén a súa estrutura:
- Identifica os apartados e subapartados.
- Como están organizadas as ideas: principais e secundarias.
- Que vocabulario usa.
3. Toma decisións sobre:
- Quen serán as persoas usuarias do texto documento. Analiza o seu perfil.
- Que información queres dar.
- Cal será a extensión final do documento.
- Que elementos ou recursos de apoios complementarios vas introducir.
- Que partes do documento vas usar e de cales vas prescindir.
- Que orde vas seguir na presentación da información.
- Decide tamén se é necesario incluír información adicional para que o documento ou texto sexa comprendido mellor.
- Por último concreta o formato e soporte no que vas publicalo.
Descarga o modelo para comezar a adaptar en formato PDF editable
4. Realiza un primeiro borrador:
- Segue as pautas e recomendacións que che indicamos no apartado 1.4.2 desta guía.
5. Primeira revisión:
- Comproba co teu grupo de traballo e/ou persoa coordinadora se se axusta á proposta.
- Se é necesario, modifícao seguindo as achegas que che fagan.
6. Validación:
- Comparte o documento para recibir propostas de mellora, de ser o caso.
- Continúa o proceso seguindo as pautas que che marquen.
Se o texto, documento ou recurso escrito que adaptaches forma parte dun proxecto de elaboración de REA, ten tamén en conta as indicacións da guía de estilo e outros requisitos consensuados pola organización.