
Todos os ficheiros que se inclúen (texto, imaxe, audio, vídeo...) son de formato de uso maioritario.
Preciso dun exemplo
- Por exemplo, inclúe ficheiros con formato txt, ott, pdf, html, xml, wav, mp3, mp4, jpeg, gif,...
O REA pode empregarse en calquera dispositivo, mesmo sen conexión a Internet.
Preciso dun exemplo
- Cando elabores e publiques o teu REA ten en conta que debe poder ser usado en calquera dispositivo (móbil, tableta, computador...) e en calquera navegador.
- Comproba como funciona en diversos dispositivos antes de publicalo.
- Ademais debes asegurarte de que funciona sen erros en dispositivos adaptados a persoas con discapacidade.
- É importante que se poida acceder ao contido clave con e sen conexión a Internet: evita embeber contido en liña doutras páxinas para que as persoas que non teñan acceso a Internet poidan acceder sempre a el cando descarguen o REA.
- Tamén podes incluír un documento PDF para imprimir, segundo o indicado na guía dos grupos de traballo. O formato en papel axuda á comprensión lectora de textos.
Cumprimenta a ficha de metadatos para que o REA poida ser catalogado.
Preciso dun exemplo
- No panel de propiedades do proxecto, lapela de metadatos, pódese completar a información de catalogación do REA.
O REA debe poder exportarse a diferentes formatos (estándar educativo, sitio web, EPUB3...).
Preciso dun exemplo
- eXeLearning permíteche exportar o teu REA en todos estes formatos.
- Ademais permíteche integralo na túa aula virtual de Moodle (e tamén no EVA E-Dixgal).