Que é DUA?
O deseño universal para a aprendizaxe (DUA) ten como finalidade lograr a inclusión efectiva de todo o alumnado, con independencia da súa diversidade; asegura que o currículo sexa planificado e posto en práctica de tal forma que non supoña impedimento nin barreira para as persoas no desenvolvemento das súas competencias.
ORDE do 8 de setembro de 2021 pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia en que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
O Deseño Universal para a Aprendizaxe foi creado polo CAST, Centro de Tecnoloxía Especial Aplicada, que o define, na versión 3.0 como:
"Un marco para guiar o deseño de contornas e experiencias de aprendizaxe que sexan accesibles, inclusivos, equitativos e estimulantes para cada estudante." (CAST)
Acceso a un documento PDF con información sobre as pautas DUA 3.0
Principios, pautas e consideracións
DUA 3.0 organízase en 3 principios, 9 pautas e 31 consideracións.
1. Múltiples medios de implicación
Pauta 7. Deseñar opcións para acoller intereses e identidades
7.1 Optimizar a elección e a autonomía
7.2 Optimizar a relevancia, o valor e a autenticidade
7.3 Fomentar a alegría e o xogo
7.4 Abordar os nesgos, as ameazas e as distraccións
Pauta 8. Deseñar opcións para manter o esforzo e a perseveranza
8.1 Clarificar o significado e o propósito das metas
8.2 Optimizar o desafío e o apoio
8.3 Fomentar a colaboración, a interdependencia e a aprendizaxe colectiva
8.4 Fomentar a pertenza e a comunidade
8.5 Ofrecer retroalimentación orientada á acción
Pauta 9. Deseñar opcións para desenvolver a capacidade emocional
9.1. Recoñecer expectativas, crenzas e motivacións
9.2. Desenvolver conciencia de si mesmo e das demais persoas
9.3. Promover a reflexión individual e colectiva
9.4. Fomentar a empatía e as prácticas reconfortantes
2. Múltiples medios de representación
Pauta 1. Deseñar opcións para a percepción
1.1 Personalizar a presentación da información
1.2 Apoiar múltiples formas de percibir a información
Pauta 2. Deseñar opcións para a linguaxe e os símbolos
2.1 Clarificar vocabulario e símbolos
2.2 Apoiar a decodificación de textos, notación matemática e símbolos
2.3 Cultivar a comprensión e o respecto entre linguas e dialectos
2.4 Abordar os nesgos no uso da linguaxe e dos símbolos
2.5 Ilustrar mediante múltiples medios
Pauta 3. Deseñar opcións para construír coñecemento
3.1 Conectar os coñecementos previos coa nova aprendizaxe
3.2 Identificar e explorar patróns, características fundamentais, ideas principais e relacións
3.3 Cultivar múltiples formas de coñecer e construír significado
3.4 Maximizar a transferencia e a xeneralización
3. Múltiples medios de acción e expresión
Pauta 4. Deseñar opcións para a interacción
4.1 Variar e valorar os métodos de resposta, navegación e movemento
4.2 Optimizar o acceso a materiais accesibles, tecnoloxías de apoio e ferramentas accesibles
Pauta 5. Deseñar opcións para a expresión e a comunicación
5.1 Utilizar múltiples medios para comunicarse
5.2 Utilizar múltiples ferramentas para construír, compoñer e crear
5.3 Desenvolver fluidez mediante apoios graduados para a práctica e a realización
5.4 Abordar os nesgos relacionados coas formas de expresión e comunicación
Pauta 6. Deseñar opcións para o desenvolvemento de estratexias
6.1 Establecer metas significativas
6.2 Anticipar e planificar os desafíos
6.3 Organizar información e recursos
6.4 Aumentar a capacidade para supervisar o propio progreso
6.5 Cuestionar as prácticas excluíntes
Recomendacións de uso
As propostas expostas queren servir de apoio e guía para incorporar o DUA nos vosos deseños. Por iso, non se debe pretender incluír neles toda a información da guía, senón elixir aquilo que mellor sirva ao alumnado para minimizar as barreiras que poida atopar.
Explicación das táboas
Nesta guía atopas información para aplicar cada unha das consideracións do DUA mediante os recursos que ofrece o estilo cREAgal para eXeLearning.
Para cada unha delas atopas unha táboa na que a información se distribúe en tres columnas, que atenden ao tipo de iDevice ou icona coa xanela de diálogo que se pode expor cando pretendamos aplicar a consideración específica.
MÚLTIPLES MEDIOS DE IMPLICACIÓN |
||
|
Pauta 7. Deseñar opcións para acoller intereses e identidades |
||
|
7.1 Optimizar a elección e a autonomía |
||
| Tipo de contido | Icona | Uso |
|
Temporización |
|
Temporización: poñer a disposición do alumnado un calendario coas datas de tarefas, entregas ou outros eventos de interese que minimicen a inseguridade. |
|
Anticipar información |
Ofrece información sobre o reto. |
|
Desta forma preséntase a información seguindo os seguintes criterios:
- Tipo de contido: nesta columna indícase a orientación do contido.
- Icona: preséntanse as iconas dispoñibles como suxestión para incorporalas e que acheguen pistas ao alumnado sobre a información ou tarefas que se lle van propoñer.
- Uso: ofrécense unhas orientacións xerais sobre a forma de abordar a consideración do DUA para minimizar as posibles barreiras que poida presentar a tarefa, actividade ou exercicio exposto, ben sexa no mesmo iDevice, ou nun iDevice anterior ou posterior. Diferenciouse entre un uso alternativo ou complementario:
- Recurso alternativo. Isto supón que cando expoñemos un recurso adicional, este preséntase como unha alternativa ao recurso principal. Por exemplo, un texto que o pasamos a audio. Ambos os elementos conteñen a mesma información, pero o alumnado debe elixir en que formato prefire acceder a ela.
- Presentación complementaria. Isto supón que o recurso adicional se presenta como algo que complementa ao recurso principal, enriquecéndose ou achegando outra forma diferente de presentar a mesma información. Ambos nútrense entre si.
Importante
Toda a información que se proporcione nos diferentes iDevices que se vaian engadindo no transcurso de cada REA deben incorporar, de forma sistemática, elementos, por exemplo botóns, que ofrezan complementos como ficheiros de son, recursos para apoio visual e/ou lectura facilitada.
Ademais, para que as alternativas que se presentan non supoñan unha sobrecarga cognitiva para o alumnado, recoméndase ao profesorado reflexionar sobre aquelas consideracións do DUA que consideren importantes e necesarias, segundo as propias características da área, do REA e a experiencia docente acumulada para anticipar posibles barreiras de alta frecuencia que se adoitan propoñer nos deseños didácticos da área. Desta forma, as alternativas seleccionadas por cada unha das directrices, deberían ofrecerse de forma repetida ao longo do mesmo curso/área dos REA elaborados.