Exercicios interactivos
Ao longo das diferentes unidades didácticas, os exercicios interactivos serán elementos enriquecedores e motivadores para a aprendizaxe do noso alumnado, deseñados a conciencia para contribuír o deseño universal para a aprendizaxe.
Neste punto, presentamos dous grandes grupos ou categorías para este tipo de exercicios:
- Os que se incorporan no propio eXeLearning, facendo uso dos iDevices Actividades interactivas e Xogos.
- Os que farán uso de ferramentas externas, non recomendado se non son imprescicindibles para o REA.
Tes que pensalo moi ben
Haberá que ter en conta que tipo de actividade interactiva é máis apropiada en cada momento xa que, como se describe neste apartado, temos que ter en conta aspectos como a interactividade, a conectividade e dispoñibilidade do recurso sen conexión a Internet.
- Os iDevice interactivos e xogos de eXeLearning permiten ser executados sen conexión.
- H5P, Geogebra, Descartes etc. requiren conexión a Internet. Antes de deseñar actividades con H5P, recoméndase revisar as equivalentes en eXeLearning (ver táboa de equivalencia de iDevices na Sección 3.6.3) para evitar depender da conexión a Internet e de servidores externos que poderían dificultar o proceso de elaboración e publicación do REA.