O pasado 9 de xaneiro, o alumnado de Educación Primaria e de Secundaria, acudiron ao multiusos de Rois para desfrutar dunha obra de teatro en lingua inglesa.
Sen dúbida, repetiremos de novo!


No 1º trimestre, concretamente o día 26 de novembro, entregamos os premios de exposición oral, que este ano conseguiron unha alumna e dous alumnos de 2º da ESO. O relato gañador titulábase "O home no capacho" e foi contado por Marta. Parabéns a todos!
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
No día de hoxe, 15 de xaneiro, catro alumnas de 3º da ESO e catro alumnos e alumnas de 4º da ESO, asistimos á fase previa do club de Debate ALingua que se celebrou no auditorio municipal de Vilagarcía.
Nesta primeira fase, o alumnado tivo a oportunidade de coñecer a estrutura dun debate, como organizar as quendas de refutación e outros pequenos consellos que os axudarán á hora de expoñer o seu tema.
![]() |
![]() |
En decembro rematamos de ler I´m Obélix, e estas son algunhas das impresións do alumnado sobre o libro:
Roi: Pareceume que trataba sobre un tema moi importante para o alumnado e descubrín cousas novas sobre o TDAH. Pero o final pareceume moi monótono, é como se necesitase unha parte máis.
Ían: É recomendable para alumnado da miña idade porque fala de temas moi sensibles. Agora sei poñerme na pel dos meus compañeiros con TDAH e enténdoos mellor, chegando a razoar con eles.
O día 17 de decembro fixemos a derradeira reunión do club de 4º da ESO. Mentres partillabamos unhas mandarinas, comentamos as nosas impresións sobre o libro Furia.

O alumnado de 4º da ESO representou unha pequena versión da obra de Castelao, Os vellos non deben de namorarse. É a nosa pequena homenaxe ao ano Castelao, 2025.
O pasado 26 de novembro o alumnado de 4º da ESO asistiu á exposición "Castelao. Mirar por Galicia", na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela).
![]() |
![]() |
Comezamos o Club de Lectura 2025-26 con tres grupos na ESO.
En 2º da ESO escollemos unha lectura que está dando moito que falar, por tratar un tema tan de actualidade, como é o TDAH en adolescentes: trátase da obra de Raquel Castro, I´m Obelix.

Hoxe, 12 de decembro de 2025, o CPI Plurilingüe dos Dices ten a satisfacción de presentar a súa nova páxina web, desenvolvida baixo Drupal 9.
Este proxecto supón comezar practicamente de cero, cunha páxina en branco, que iremos enchendo pouco a pouco coa vida e realidade do noso centro.