
A primeira lectura do club de 2º da ESO é I´m Obélix, unha novela de Raquel Fernández, que sempre resulta interesante ao alumnado, porque trata temas que para eles son moi próximos e cos que se identifican.
De momento, levamos lido unhas 35 páxinas, pero de aquí a decembro contamos con rematar todo o libro.
Por outra parte, o alumnado de 3º da ESO, tamén comezou o libro deste trimestre, La estrategia del parásito, de César Malloquí. De momento, parece que ten moi boa acollida e a historia resulta moi interesante e emocionante.
![]() |
![]() |








