
Xa está aberto o procedemento para a participación no Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar Curso 2026/2027.
Xa está aberto o procedemento para a participación no Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar Curso 2026/2027.
Infórmase de que está publicada no taboleiro de anuncios do centro a listaxe definitiva de alumnado admitido e excluído curso 2026-27.
Para celebrarmos o Día de Rosalía, o mural deste ano estivo dedicado ao deporte. Asi, convertemos a Rosalía en toda unha deportista olímpica e vestímola con diferentes equipamentos deportivos. Cada curso escolleu o seu:

Por outra parte, o día 29 de abril celebramos no CPI dos Dices un acto de homenaxe á escritora Rosalía de Castro. Para isto, contamos coa presenza do alcalde de Rois, D. Ramón Tojo, e mais co presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira.
No acto, ademais de pronunciaren unhas palabras de homenaxe estes dous persoeiros, tamén houbo un recitado de poemas por parte do alumnado de 1º da ESO.
Para finalizar o acto, plantouse unha figueira traída expresamente do xardín da Casa-Museo Rosalía de Castro e cantouse o himno galego, interpretado polo coro do CPI dos Dices, e por todo o alumnado e profesorado.
Foi unha xornada moi emotiva para as nosas letras!
O alumnado de 4º da ESO, xunto co Equipo de Dinamización Lingüística, presenta o TELEXORNAL BEGOÑA CAAMAÑO, unha iniciativa que serve para homenaxear a figura das Letras Galegas do ano 2026.
O Equipo de Dinamización presenta o adianto do Telexornal Begoña Caamaño