O día 18 de maio, o alumnado da ESO asistiu, no Multiúsos de Rois, á representación da obra de teatro Nas nubes, a cargo da compañía Redrum teatro.
Esta actividade foi organizada polo propio concello de Rois, dentro da programación de "Alingüamos cos centros educativos de Rois".
Con este espectáculo, cheo de humor e achegamento ao público xuvenil, o alumnado tivo a oportunidade de reflexionar sobre como nos poden afectar as novas tecnoloxías e como podería ser o mundo do futuro.
Por outra parte, tamén o 20 de maio, o alumnado de 3º a 6º de educación Primaria asistiu á representación de A maxia dos libros, da compañía O mago errante.
Así mesmo, e para que ningún alumno ou alumna quedase sen a súa representación teatral, o venres, 22 de maio, os pícaros de Infantil e de 1º e 2º de Primaria puideron ver a obra O monstro de cores, da compañía A xanela do maxín.
O monstro de cores |
O monstro de cores |
A maxia dos libros |
A maxia dos libros |
![]() Nas nubes | ![]() Nas nubes |
![]() Nas nubes | ![]() Nas nubes |









