Ir o contido principal
Inicio
CPI dos Dices

Navegación principal

  • Inicio
User account menu
  • Blogs
  • Iniciar sesión
  • O Centro
    • Documentos do Centro
    • Novas
    • Datos do centro
      • Localización e contacto
      • Horario
      • Instalacións
    • Organigrama
  • Documentación
    • Alumnado
    • Familia
    • Profesorado
  • Comedor
    • Menús
    • Avisos
    • Documentación
  • Transporte
    • Transporte
  • Aula Virtual
  • EVA Edixgal
  • Portal Educativo
  • Correo EDU
  • Dinahosting
dices2
dices1

Miga de pan

  1. Inicio

Equipo de dinamización da Lingua Galega

Por ednlg_usuario, 19 Maio, 2026

TEATRO_ALINGÜAMOS COS CENTROS EDUCATIVOS

  • Read more about TEATRO_ALINGÜAMOS COS CENTROS EDUCATIVOS

O día 18 de maio, o alumnado da ESO asistiu, no Multiúsos de Rois, á representación da obra de teatro Nas nubes, a cargo da compañía Redrum teatro. 
Esta actividade foi organizada polo propio concello de Rois, dentro da programación de "Alingüamos cos centros educativos de Rois". 
Con este espectáculo, cheo de humor e achegamento ao público xuvenil, o alumnado tivo a oportunidade de reflexionar sobre como nos poden afectar as novas tecnoloxías e como podería ser o mundo do futuro. 

Por outra parte, tamén o 20 de maio, o alumnado de 3º a 6º de educación Primaria asistiu á representación de A maxia dos libros, da compañía O mago errante.

Así mesmo, e para que ningún alumno ou alumna quedase sen a súa representación teatral, o venres, 22 de maio, os pícaros de Infantil e de 1º e 2º de Primaria puideron ver a obra O monstro de cores, da compañía A xanela do maxín. 

 

O monstro de cores

O monstro de cores

O monstro de cores

O monstro de cores

A maxia dos libros

A maxia dos libros

A maxia dos libros

A maxia dos libros

Nas nubes

Nas nubes

Nas nubes

Nas nubes

Nas nubes

Nas nubes

Nas nubes

Nas nubes

Por ednlg_usuario, 4 Maio, 2026

ACTO HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO

  • Read more about ACTO HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO

O día 29 de febreiro celebramos no CPI dos Dices un acto de homenaxe á escritora Rosalía de Castro. Para isto, contamos coa presenza do alcalde de Rois, D. Ramón Tojo, e mais co presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira. 
No acto, ademais de pronunciaren unhas palabras de homenaxe estes dous persoeiros, tamén houbo un recitado de poemas por parte do alumnado de 1º da ESO. 
Para finalizar o acto, plantouse unha figueira traída expresamente do xardín da Casa-Museo Rosalía de Castro e cantouse o himno galego, interpretado polo coro do CPI dos Dices, e por todo o alumnado e profesorado. 
Foi unha xornada moi emotiva para as nosas letras!

Arquivo de vídeo
Por ednlg_usuario, 23 Abril, 2026

TELEXORNAL BEGOÑA CAAMAÑO

  • Read more about TELEXORNAL BEGOÑA CAAMAÑO

O alumnado de 4º da ESO, xunto co Equipo de Dinamización Lingüística, presenta o TELEXORNAL BEGOÑA CAAMAÑO, unha iniciativa que serve para homenaxear a figura das Letras Galegas do ano 2026. 

Por ednlg_usuario, 26 Marzo, 2026

ADIANTO TELEXORNAL BEGOÑA CAAMAÑO

  • Read more about ADIANTO TELEXORNAL BEGOÑA CAAMAÑO

O Equipo de Dinamización presenta o adianto do Telexornal Begoña Caamaño

Arquivo de vídeo

 

Por ednlg_usuario, 17 Marzo, 2026

VISITA DO PRESIDENTE DA REAL ACADEMIA GALEGA

  • Read more about VISITA DO PRESIDENTE DA REAL ACADEMIA GALEGA

O día 13 de marzo, venres, visitou no noso centro o presidente da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo. Veunos falar da obra de Begoña Caamaño, a autora a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas 2026. 

A entrevista, que foi feita por dúas alumnas de 4º da ESO, será incluída no Telexornal Begoña Caamaño, unha iniciativa que se leva facendo varios anos no CPI dos Dices. 

Por ednlg_usuario, 6 Marzo, 2026

CLUB DE DEBATE. XA ESTAMOS NA FINAL!

  • Read more about CLUB DE DEBATE. XA ESTAMOS NA FINAL!

O alumnado do Club de Debate, organizado polo Equipo de Dinaminación da lingua galega, participou este xoves, 5 de marzo, na 4ª fase de Debate Alingua, que se celebrou no Campus Tecnolóxico Cortizo. Alí competiron xunto con outros seis equipos dos concellos de Ames e Teo. O CPI dos Dices acadou a segunda posición, o que lle dá a opción a premio e mais a pasar á fase final, xa que conseguiron unha das mellores puntuacións nun segundo posto. 

Moitos parabéns ao noso alumnado!

Podedes ver os vídeos das intervencións clicando na noticia. 

 

Por ednlg_usuario, 17 Febreiro, 2026

III CONCURSO DE CARTAS DE AMOR E AMIZADE

  • Read more about III CONCURSO DE CARTAS DE AMOR E AMIZADE
Por ednlg_usuario, 18 Xaneiro, 2026

ENTREGA DE PREMIOS DE EXPOSICIÓN ORAL

  • Read more about ENTREGA DE PREMIOS DE EXPOSICIÓN ORAL

No 1º trimestre, concretamente o día 26 de novembro, entregamos os premios de exposición oral, que este ano conseguiron unha alumna e dous alumnos de 2º da ESO. O relato gañador titulábase "O home no capacho" e foi contado por Marta. Parabéns a todos!

Por ednlg_usuario, 15 Xaneiro, 2026

CLUB DE DEBATE ALINGUA_FASE PREVIA

  • Read more about CLUB DE DEBATE ALINGUA_FASE PREVIA

No día de hoxe, 15 de xaneiro, catro alumnas de 3º da ESO e catro alumnos e alumnas de 4º da ESO, asistimos á fase previa do club de Debate ALingua que se celebrou no auditorio municipal de Vilagarcía. 

Nesta primeira fase, o alumnado tivo a oportunidade de coñecer a estrutura dun debate, como organizar as quendas de refutación e outros pequenos consellos que os axudarán á hora de expoñer o seu tema.  

Alumnado do CPI dos Dices
Alumnado preparando o debate
 
Arquivo de vídeo

 

Por ednlg_usuario, 15 Decembro, 2025

OBRA DE TEATRO_LELA E O BOTICARIO

  • Read more about OBRA DE TEATRO_LELA E O BOTICARIO

O alumnado de 4º da ESO representou unha pequena versión da obra de Castelao, Os vellos non deben de namorarse. É a nosa pequena homenaxe ao ano Castelao, 2025. 

Arquivo de vídeo

 

 

Paxinación

  • 1
  • Páxina Seguinte
Equipo de dinamización da Lingua Galega
Biblioteca Lois Aldegunde
Club de Lectura
InnovalabPIE
Blogs
Club de ciencia
Actividades
EDNLG
ANPA
Corpo
Facebook
Instagram
Programas educativos
Powered by Drupal