Comezamos o Club de Lectura 2025-26 con tres grupos na ESO.
En 2º da ESO escollemos unha lectura que está dando moito que falar, por tratar un tema tan de actualidade, como é o TDAH en adolescentes: trátase da obra de Raquel Castro, I´m Obelix.
Hoxe, 12 de decembro de 2025, o CPI Plurilingüe dos Dices ten a satisfacción de presentar a súa nova páxina web, desenvolvida baixo Drupal 9.
Este proxecto supón comezar practicamente de cero, cunha páxina en branco, que iremos enchendo pouco a pouco coa vida e realidade do noso centro.