Rematamos o club de lectura As pintoras daltónicas e mais as actividades do EDLG por este curso 2025-26 con unha xornada moi especial.
Cóntoche. Fomos visitar a Casa Museo Rosalía de Castro (na Matanza-Padrón) o 2 de xuño e, ademais de nos faceren un percorrido pola vida e obra da escritora - e tamén da súa familia -, ao final, metéronnos nunha sala da que só podiamos saír se eramos quen de resolver unhas pistas e atopar a chave que abrise a porta. Claro, estabamos nun escape room!
Creo que o fixemos demasiado ben, porque atopamos a chave, tivemos que saír e non nos quedou outra que volver para o centro!
![]() |
![]() |
![]() |














