En decembro rematamos de ler I´m Obélix, e estas son algunhas das impresións do alumnado sobre o libro:
Roi: Pareceume que trataba sobre un tema moi importante para o alumnado e descubrín cousas novas sobre o TDAH. Pero o final pareceume moi monótono, é como se necesitase unha parte máis.
Ían: É recomendable para alumnado da miña idade porque fala de temas moi sensibles. Agora sei poñerme na pel dos meus compañeiros con TDAH e enténdoos mellor, chegando a razoar con eles.
Lourenzo: O libro non me pareceu moi interesante, aínda que as historia estaba moi ben contada.
Xulia: pareceume un tema importante porque as persoas con TDAH merecen tamén que sexan comprendidas.

