• Inicio
  • O centro
    • Datos de contacto
    • Equipo de Dinamización da Lingua Galega
    • Normativa
    • Organigrama
    • Recursos
  • Secretaría
    • Matrícula
    • Documentación TFE
    • Documentación estudantado
    • Documentación profesorado
    • Documentación PAS
    • Lexislación
  • Información académica
    • Calendario académico
    • Calendario apertura fin de semana
    • Especialidades
    • Guía para reservar espazos
    • Programacións
    • Probas de acceso
    • Xornadas de portas abertas
  • Produción Académica e Artística
    • Big Band
    • Ciclos de concerto
    • Concertos
    • Concursos
    • Cursos e masterclasses
    • Programas de Sinerxias Educativas
    • Revista dixital Symphonia
    • Traballos Fin de Estudos
    • Xornadas de investigación
  • Erasmus
    • Mobilidade do estudantado
    • Students
    • Teachers

User account menu

  • Iniciar sesión
Logo CMUS
Inicio
Logo CMUS
  • Inicio
  • O centro
    • Datos de contacto
    • Equipo de Dinamización da Lingua Galega
    • Normativa
    • Organigrama
    • Recursos
  • Secretaría
    • Matrícula
    • Documentación TFE
    • Documentación estudantado
    • Documentación profesorado
    • Documentación PAS
    • Lexislación
  • Información académica
    • Calendario académico
    • Calendario apertura fin de semana
    • Especialidades
    • Guía para reservar espazos
    • Programacións
    • Probas de acceso
    • Xornadas de portas abertas
  • Produción Académica e Artística
    • Big Band
    • Ciclos de concerto
    • Concertos
    • Concursos
    • Cursos e masterclasses
    • Programas de Sinerxias Educativas
    • Revista dixital Symphonia
    • Traballos Fin de Estudos
    • Xornadas de investigación
  • Erasmus
    • Mobilidade do estudantado
    • Students
    • Teachers

Miga de pan

  • Inicio
  • CONCERTO SINERXIAS EDUCATIVAS IV

CONCERTO SINERXIAS EDUCATIVAS IV

CONCERTO SINERXIAS EDUCATIVAS IV

Manifesto pedagóxico e presentación artística do proxecto

 

Sinerxias educativas IV, é un proxecto que se está a consolidar como unha das experiencias educativas e creativas máis singulares do panorama educativo e artístico galego. Un espazo onde a aprendizaxe se transforma en creación e onde a colaboración entre centros, disciplinas e persoas se converte no verdadeiro motor da arte.

Tras as edicións dedicadas a Le Villi, Os sete pecados capitais e Luisa Fernanda, Sinerxias dá un paso decisivo: por primeira vez, o proxecto nace integramente dunha idea orixinal desenvolvida desde cero, concibida e impulsada por un equipo de traballo conformado por docentes dos distintos centros participantes. Un grupo que, máis alá das fronteiras disciplinares e institucionais, aposta por construír un espazo común de creación e aprendizaxe compartida.

Esta nova edición consolida unha maneira de entender a educación artística baseada na cooperación real entre especialidades, na ruptura dos límites tradicionais entre estudos e na posta en valor do traballo interdisciplinar como motor de transformación. Sinerxias convértese así nun laboratorio vivo onde a música, as artes escénicas, o deseño, a imaxe e a técnica dialogan en igualdade, nun esforzo conxunto por ofrecer ao alumnado unha experiencia formativa que transcende o individual.

O verdadeiro sentido desta proposta reside na convicción de que a aprendizaxe significativa xorde do encontro, do intercambio e da creación colectiva: só desde o traballo en equipo e a suma de miradas diversas é posible xerar novas formas de entender a arte e a educación.

Nesta ocasión, o eixo vertebrador é a Big Band do CSM da Coruña, que se converte no corazón dun percorrido musical e escénico pola historia do jazz e das súas múltiples transformacións. Unha viaxe que atravesa o swing de Duke Ellington e Fletcher Henderson, a sofisticación de Thad Jones e Sammy Nestico, a enerxía do Latin Jazz e do Cubop de Tito Puente, a liberdade do jazz moderno e a emoción das grandes voces que marcaron o século XX.

O repertorio proposto constrúe unha paisaxe sonora diversa e vibrante: desde clásicos imprescindibles como Sing Sing Sing, It Don’t Mean a Thing ou Don’t Get Around Much Anymore, ata fusións que abren novas lecturas estéticas como Tributo a Tito Puente, Atlantic Bridge —onde o jazz dialoga coa muiñeira galega— ou a intensidade emocional de Killing Me Softly With His Song. Un programa no que a música non só se interpreta, senón que se reinventa en escena.

Este proxecto, que reúne a máis dun cento de estudantes e profesionais de diferentes centros educativos galegos, consolídase como unha verdadeira plataforma de creación interdisciplinar: a Escola Pablo Picasso encárgase do deseño visual e escenográfico; o CIFP Paseo das Pontes, do vestiario; o CIFP Someso, da caracterización; o CIFP Imaxe e Son, da documentación audiovisual; a ESAD de Galicia, da construción dramatúrxica e escénica; e o Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo na decoración do escenario. 

A diversidade de linguaxes —musical, visual, escénica e técnica— non é aquí un complemento, senón o propio núcleo do proxecto. Sinerxias Artísticas IV convértese así nun espazo onde a educación transcende a aula para converterse nunha experiencia viva, compartida e transformadora.

Porque o jazz non é só un estilo musical: é unha forma de entender a creación. É escoita, diálogo e liberdade. É risco e comunidade. É a capacidade de facer que moitas voces distintas converxan nunha soa enerxía común.

E nesa idea baséase este proxecto:
“It Don’t Mean a Thing if It Ain’t Got That Swing”.
Porque nada ten sentido se non existe ese pulso colectivo que fai que a música —e a aprendizaxe— cobren vida.

Cartel.pdf (89.28 KB)
Ciclos de concerto
Concertos
Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na Internet polo centro educativo

Mapa do sitio - Contacto co centro - Accesibilidade - Aviso Legal

CMUS Superior da Coruña