O 1 de abril celebramos o Día das Artes Galegas. Este ano adicado a José Suárez. José Suárez foi un destacado fotógrafo galego do século XX, recoñecido pola súa capacidade para captar a esencia da vida cotiá, especialmente en contornas mariñeiras, cunha mirada moi humana e artística.
Podes participar nesta celebración recreando algunha das súas imaxes icónicas que podes ver no vídeo. Podes adaptalas ou actualizalas ao contexto actual. Moitas fotos son grupais, polo que cremos que pode ser unha actividade interesante para traballar colectivamente a expresión artística, a observación e a conexión co patrimonio cultural galego desde unha perspectiva práctica e participativa.

