O CIFP Universidade Laboral comezou o seu proceso de internacionalización con mobilidades de estudantes de grao medio de Formación Profesional no ano 2009. Ese mesmo curso solicitouse a Erasmus University Charter (EUC) que permitiu o desenvolvemento de proxectos de mobilidade para estudantes e profesorado do ámbito da educación superior.
A internacionalización do centro e as diferentes accións foron incrementándose progresivamente ao longo dos cursos segundo a seguinte liña temporal:
A EUC, acreditaba ao centro ao desenvolvemento de proxectos de mobilidade no marco do programa Erasmus no período 2007-2013.

O CIFP Universidade Laboral dispón na actualidade das acreditacións necesarias para desenvolver calquera acción clave do programa Erasmus+ ata o ano 2027.
Estas acreditacións permiten o desenvolvemento de proxectos no ámbito da Formación Profesional de Educación Superior (ECHE) e de Formación Profesional (Acreditación no ámbito da Formación Profesional) abarcando todos os niveis da Formación Profesional.

