FORO PARA COMPARTIR AS IMPRESIÓNS SOBRE "QUE SE ESTÁ A FACER NOS CENTROS"

Hora de ler

Hora de ler

por Lorena Rey -
Número de respostas: 1
Bo día,
No noso cole, levamos tempo propoñendo un momento para a lectura fixo no horario, este ano tentarémolo outra vez por non variar. Algúns profes están de acordo, outros....... 

Outra cuestión. Cada titor ten unha hora de biblioteca que a maioría das veces adícase ao mero préstamo dos libros, e moitos destes titores alegan que non lles queda tempo para traballar coas propostas que parten da biblioteca ou as actividades do PDI. Estamos valorando a idea de establecer o préstamo de libros no recreo, pero soamente nun día á semana. Por exemplo, os de 6º os luns, os de 5º os martes, os de 4º os mércores... 

Poderíades contarnos algunha experiencia ao respecto.

Lorena
En resposta a Lorena Rey

Re: Hora de ler

por Ruth Fernández -
No meu instituto temos a hora de ler do seguinte xeito: comezamos hai unhas semanas o luns a 1ª hora, a seguinte semana foi a hora de ler na 2ª sesión, a terceira semana a 3ª hora, a cuarta semana a 4ª e así seguiremos ata que se acaben as sesións do luns (que no noso caso son 7). Cando se remata co luns pásase ao martes. O primeiro martes a 1ª hora, o segundo martes a 2ª hora e así ata rematar o martes. Faremos o mesmo co resto dos días da semana! Deste xeito, todos os profesores participan e 'afecta' igual en todas as materias. Digo 'afecta' porque ás veces hai quen pensa que esta hora de ler é perder clase na súa materia. Cando rematemos co venres volvemos empezar o seguinte luns.
A hora de ler levámola adiante co alumnado de toda a ESO. Ao comezo, cando se iniciou o proxecto lector, só se facía (polo que me comentaron os compañeiros) con alumnado de 1º.
Ruth.