Section outline


    • CONCLUSIÓNS RECOLLIDAS NO OBRADOIRO SOBRE PROXECTOS LECTORES (CURSO 14-15)
    • COMO CONSTRUIMOS UN PROXECTO LECTOR? CONTIDOS, ESTRUTURA, DIFUSIÓN, AVALIACIÓN...


      Comenzamos esta actividade con dúas sesións presenciais ben diferentes. Unha primeira máis expositiva, máis repousada, onde sentamos as bases e debuxamos as claves da nosa temática. A encargada de nos axudar neste proceso foi Cristina Novoa, quen coordina a Asesoría de Bibliotecas Escolares da Consellería de Educación. Quen mellor? A segunda sesión foi ben diferente. Pasamos á acción. E foi un primeiro paso neste camiño que percorremos na procura de mellorar os nosos proxectos lectores.

      Tratábase de xerar ideas, centradas/os en seis aspectos importantes, sobre o contido dos nosos proxectos lectores:
      • A lectura (a aprendizaxe, a mellora da comprensión, os tipos, os soportes e formatos...)
      • A escrita (a súa aprendizaxe e o seu ensino, a mellor metodoloxía para promover a competencia escritora)
      • O fomento e animación á lectura (estratexias e técnicas, tempos, lugares, destinatarios...)
      • As habilidades informativas (ALFIN, Alfabetización informacional, os proxectos...)
      • Papel da bilbioteca escolar nestes procesos (no deseño e desenvolvemento dos PL)
      • O "Marketing" do noso PL (isto é: como conseguir que o PL sexa coñecido, compartido, pola comunidade educativa)

      Utilizamos tres dinámicas de grupo útiles para procesos de xeración de ideas. Todo isto animado tamén por esta metáfora literaria que nos identifica con comunidades de viaxeiras e aventureiros míticos. Un pouco de imaxinación para aderezar a receita. Recórdovos as técnicas (Grupos de discusión; creación de mapas mentais; técnica de ollos-limpos)

      Menuda sesión! Que entusiasmo! Promovemos procesos que deberíamos promover tamén nos centros educativos, e apreciamos (especialmente nalgunhas das mesas de debate) que han xurdir importantes diferencias de criterio e miradas moi diversas hacia estes asuntos. Foi unha sesión moi interesante e intensa. Un magnífico punto de partida para este proceso formativo.

      Velaí un recordo: