CONCLUSIÓNS DEFINITIVAS. RESULTADO DO TRABALLO DOS GRUPOS COMO FACEMOS O PROXECTO LECTOR? REFLEXIÓNS E PROPOSTAS
Velaí a versión final do documento que elaboramos ao longo desta actividade de formación. Procuramos unha ferramenta útil e coido que en boa medida o temos conseguido. Pero non debemos esquecer o máis importante - o obxectivo último desta actividade - que non era outro que aprender, aprender xuntos a través deste enriquecedor proceso de diálogo. Procuramos - tal como comentamos ao inicio - tirar proveito do coñecemento e da experiencia de todos e todas. Estou convencido (e os documentos que figuran a continuación dan boa fe deste convencemento) de que así foi.