Ola a tod@s!
Mil disculpas por non ter acudido á interesantísima sesión que tivestes e da que tiven noticia por Paco.
Trala lectura das mensaxes e comentarios deste foro reafírmome nunha cousa que dixen sempre: para iniciar, revisar ou mesmo recuperar o proxecto lector o primeiro que hai que facer é recoller o "proxecto lector implícito" ou non escrito en documento ningún que está xa en funcionamento no centro. Aí o traballo de pesquisa que algúns xa iniciastes é fundamental. Tamén o é partir da propia programación da biblioteca escolar que xunto con propostas do equipo de normalización lingüística acostuma reunir prácticamente a "esencia" do proxecto lector.
Cando naceu esta historia eu dicía que os centros que tiñan un programa de biblioteca razonable, engadíndolle cuestión de traballo coa información, tiñan xa un punto de partida, incorporando as prácticas de aula, esas das que case nunca se fala pero existen.
Pois iso, estamos en moitos aspectos no mesmo punto de hai agora oito anos. Para revisar o proxecto lector, polo que vemos, temos que volver a recompilar as prácticas existentes no centro, incorporar eses "plans de lectura anuais" que en realidade son xa a concreción do "proxecto lector implícito" e engadirlle o que falte. O que está claro é que hai que intentar identificar ben os elementos que deben constituír o proxecto lector e non tomar a parte polo todo, como cando se cre que con ter "hora de ler" xa o temos todo feito.
En fin, tamén me confirman os vosos comentarios que o marketing é necesario, non xa para o tema do proxecto lector, tamén para as prácticas recollidas na propia normativa curricular vixente, e que algúns seguen a pensar que están de máis. A verdade é que ese papel deberíano facer os inspectores pero sabemos xa que sempre funcionou mellor un bo café con pastas adubiado cun esquema claro de propostas de actuación realistas.
Saúdos
Cristina