FORO PARA COMPARTIR AS IMPRESIÓNS SOBRE "QUE SE ESTÁ A FACER NOS CENTROS"

Nivel de implicación do profesorado

Nivel de implicación do profesorado

por María Dolores Franco -
Número de respostas: 2


O que máis me chama a atención é a diferencia tan grande que hai entre o profesorado á hora de implicarse nas propostas que se lles fan.

É curioso, ou non tanto, que coincida esta actitude frente a propostas de distintos equipos.

Como moi positivo, vexo que hai moita xente implicada no desenvolvemento do proxecto lector e que vai máis alá. Da que se pode aprender, e aporta seguido ideas ben valiosas.
En resposta a María Dolores Franco

Re: Nivel de implicación do profesorado

por Paco Diaz -
Pois coido que iso sucede con moita frecuencia, que non son todos os que se comprometen e se implican, máis ben son poucos. Tamén sucede que quen se implican, implícanse en todo!! jeje. verdade?

Mais aquí, o que intentaremos é deseñar propostas para favorecer esa implicación. A ver se atopamos algunha idea importante. A primeira - que penso eu que está interesante - consiste en preguntar, en interesarse polo que xa se está a facer (ás veces sen que se saiba moito) a prol da lectura, da escritura e das habilidades informativas.

Preguntaches? Descubriches algo interesante, Dolores?
Conta...
En resposta a Paco Diaz

Re: Nivel de implicación do profesorado

por María Dolores Franco -
O noso PLC fíxose a conciencia no ano 2008. Participou  todo o claustro nun grupo de traballo. 
Obviamente hai que modificar algunha cousa, sobretodo engadindo as boas prácticas que se están a facer dende hai tempo como a "hora de ler", o uso das TIC, os apadriñamentos lectores, o Voluntariado, e dende o ano pasado o club de lectura e a apertura da biblioteca as tardes dos martes e mércores.  Sen esquecer que agora desapareceron "teóricamente"os ciclos.
Cada ano hay que facer o plan anual de lectura e ahí si que se foron engadindo estas melloras.
Pero o noso PLC non é de oito páxinas, e á hora de as aportacións de cada titor/a si que se corta-pega paragrafos enteiros do PLC, aínda que o traballo a prol  da lectura e a súa implicación no noso proxecto é moito máis rica e creativa.
Outra: de onde se supón que saen as horas que se precisan para facer todo este traballo que non para de enriquecerse a cotío?

Xa paro, bótanme broncas na casa por estar permanentemente en "modo biblioteca" sorriso

Como din por ahí "A CABEZA NON PARA" grande sorriso grande sorriso