FORO PARA COMPARTIR AS IMPRESIÓNS SOBRE "QUE SE ESTÁ A FACER NOS CENTROS"

Un pouco de todo

Un pouco de todo

por Mercedes González Leal -
Número de respostas: 1

Despois de disimuladas pescudas durante o café do recreo, puiden chegar a conclusión de que as cuestions que falamos a o longo deste cursiño e doutros anteriores parecen ser reiterativas: A existencia dun descoñecemento, casi xeneralizado, das cuestión que se abordan no Proxecto Lector; a crenza de ser un documento que elabora o equipo de biblioteca, porque hai que telo feito, a confusión coa “hora de ler”; e afortunadamente uns poucos implicados mostrando interese por facer novas aportacións para mellorar e reelaborar o noso Proxecto Lector.

O máis salientable:

Sigue bastante extendida a idea de enteder como actividades de lectura unicamente a literatura infantil. A escritura e as actividades de búsqueda de información polo xeral non se asocian coa lectura.

En canto as actividades de búsqueda de información limítanse as propostas por sinxelos proxectos que parten da biblioteca; nas que a maioria dos compañeiros participan, como se comenta noutra intervención deste foro, pensan que están “perdendo o tempo” e non avanzan no temario.

Atopei compañeiros que están levando a cabo actividades (sobre todo en 1º e 2º) que se poderían incluír no proxecto lector, pero non sabíamos delas, como sinala outra compañeira “falta de comunicación”.

En resposta a Mercedes González Leal

Re: Un pouco de todo

por Antía Fonseca -
Hai tenmpo que lle veño dando voltas a cantidade de cousas fermosas que se fan nas aulas....
Curiosamente sucede que esa mesma xente no termina de responder ante as propostas doutros equipos como biblioteca ou Normalización Lingüística....comparto contigo a importancia da COMUNICACIÓN.(está claro que hai que remar todos xuntos e na mema dirección)

Por outra banda dicir que usei o curso como excusa para conocer as ideas dos mestres do centro con respecto a lectura, a escritura e as habilidades de búsqueda de información e non pasamos do que era ler...asi que iremos pouquiño a pouco pero tomando conciencia!

Outro problema e coa hora de ler, que entendemos por hora de ler? uns lectura silenciosa (porque é o que dixeron desde a xunta nos comezos)outros, talleres específicos de comprensión lectora e outros animación a lectura.....e eu que particularmente penso que se pode traballar de todas esa maneiras e MOITAS mais....
Supoño que chegar a un acordó sería o ideal.Se alguén quere aportar ideas, escoito.
Moitas grazas.

Un saúdo.
Antía