FORO PARA COMPARTIR AS IMPRESIÓNS SOBRE "QUE SE ESTÁ A FACER NOS CENTROS"

O noso proxecto.

O noso proxecto.

por María Concepción Moure Martínez -
Número de respostas: 0
Temos un proxecto lector que fixemos hai cinco anos mediante un grupo de traballo voluntario. Repartiamos tarefas e polas tardes tiñamos reunións para poñer en común, debater e redactar.
Un dos logros máis importantes foi a hora de ler, aínda que sempre hai que lembrarlle ao profesorado de nova incorporación que eses vinte minutos son para ler. Apreciamos como o alumnado agora, incluso cando acaba un exame, pide permiso para poñerse a ler.
Vemos tamén que nos distintos departamentos fanse actividades relacionadas coa lectura, escritura e búsqueda de información.Pero tamén hai profesorado que descoñece totalmente a eXistencia do PL.