FORO PARA COMPARTIR AS IMPRESIÓNS SOBRE "QUE SE ESTÁ A FACER NOS CENTROS"

A NOSA EXPERIENCIA

A NOSA EXPERIENCIA

por Sandra Álvarez -
Número de respostas: 4
Boas noites! no noso centro facemos varias cousas a prol da lectura e da escrita, por unha banda temos actividades digamos "ESTANDARIZADAS" que levamos realizadas ao longo dos últimos cursos, por unha banda están os apadriñamentos lectores, as sesións de contacontos, ou a semana do Kamishibai, ademais están actividades coma o concurso de banda deseñada polo Samaín, e por suposto levamos a cabo un PDI cada curso o ano pasado foi entorno aos bosques e este estamos facendo un sobre as feiras, para potenciar e ensinarlles aos nenos e nenas as tradicións da súa contorna e os cambios que se levaron a cabo na nosa sociedade. 
Ademais disto tamén consideramos fundamental solventar as diferencias sociais e para isto temos moitos titulos repetidos, uns 15 exemplares para poder facer conversas literarias,coloquios... e tamén puxemos o ano pasado a disposición do alumnado varios e-readers tanto para a hora de ler coma para o empréstito. E despois temos outras actividades de investigación que van surxindo ao longo do curso. 
Pero no noso centro tamén temos que por algún que outro pero, e coma en case todos os casos é a implicación xa que non sempre se conta coa mesma implicación por parte de todo o profesorado.
En resposta a Sandra Álvarez

Re: A NOSA EXPERIENCIA

por Paco Diaz -
Compañeira,

Nun centro coma o voso, no que realmente hai un plantexamento coherente e se van "estandarizando" iniciativas (aínda que non haxa unha implicación perfecta. Iso seguramente sería imposible) e se potencia a lectura, a escrita, a investigación e o manexo de información... ou sexa, un centro onde as bases están situadas, e a biblioteca sustenta, propón, ofrece recursos...

... entón estades preparados para a seguinte fase. A fase nº2. A pregunta para nota!

Funcionan estas iniciativas? Dan resultado? Percibides, observades cambios significativos, melloras? Habería que deseñar algún sistema para ter conta destas observacións? Que me dis?
En resposta a Paco Diaz

Re: A NOSA EXPERIENCIA

por Sandra Álvarez -
A ver vouche contar unha anécdota que nos pasou non fai moito como resposta á pregunta para a nota je,je,je. 
Non fai moitos días no recreo observamos como unhas nenas de segundo, por iniciativa propia, levaron a outras nenas de infantil para a biblioteca e comezaron a lerlles contos. Polo tanto a motivación de cara á lectura creo que a estamos conseguindo je,je,je. 
Observamos moita implicación por parte das familias, xa que cada vez que propoñemos algo son máis os que se apuntan.
 E para observar temos unhas enquisas para mestres, alumnado e pais que ao rematar o curso pasamos e facemos unhas gráficas onde vemos o que funciona e o que debemos cambiar pero tamén é certo que probablemente haxa un sistema mellor onde poidamos observar mellor se funcionan ou non.
En resposta a Sandra Álvarez

Re: A NOSA EXPERIENCIA

por Paco Diaz -
Nota! Sen dúbida que tendes boa nota.

  • Porque as anécdotas, ás veces, son moi significativas.
  • Porque detectar que as propostas do equipo de biblioteca teñen cada vez maior acollida por parte da comunidade non é cousa menor.
  • Porque recoller en forma de enquisa as valoracións dos diferentes actores ao final de cada período lectivo é unha práctica magnífica e significativa.

Seguro que hai máis cousas que se poden facer. Pois claro. Iso sempre é posible. Pero non desmerece o voso magnífico traballo.

Quizais, por apuntar algunha idea, penso que se podería intentar deseñar modos de medir a mellora nas competencias implicadas, isto é: mellora a comprensión lectora? mellora a expresión escrita? aumentan as destrezas para manexar a información?

jeje... non será doado, pero coido que por aí poden ir as cousas. Non cres Sandra? E nos centros onde se ten avanzado bastante é onde se pode experimentar, e ir abrindo camiño.
En resposta a Paco Diaz

Re: A NOSA EXPERIENCIA

por Sandra Álvarez -
Pois, si. Estou totalmente de acordo que a cousa ten que estar por ahí, en deseñar modos de medir as competencias,a ver que se nos ocorre. E por suposto que hai que fixarse en centros que xa teñen andado moito, que é o mellor xeito de aprender.