FORO PARA COMPARTIR AS IMPRESIÓNS SOBRE "QUE SE ESTÁ A FACER NOS CENTROS"

QUE TEMOS NÓS?

QUE TEMOS NÓS?

por María Esther Pérez Parente -
Número de respostas: 2
No meu centro conseguimos, hai 5 anos, elaborar un Proxecto Lector debatido, meditado e consensuado en Secundaria que agora hai que revisar; mentres en Primaria, nesta etapa clave, non pasamos de hilvanar ideas e queda todo por facer.
Centrándonos en Secundaria, temos logros e deficiencias:
  • Os plans dos Departamentos recollen algunhas prácticas lectoras, pero nada que teña que ver co manexo da información ou coa escrita. Aínda que sabemos si se fan actividades interesantes nestes eidos: microrrelatos de Ciencias, cómics en Plástica, talleres literarios, traballos audiovisuais... ou participan en “El país de los Estudiantes”.
  • Temos un “momento de ler” diario en Secundaria (20 minutos de lectura libre e silenciosa) tan asumido e estable, que nos “sorprende que sorprenda” aos recén chegados ao centro.
  • Fallamos na labor de marketing e non resulta fácil chegar a todo o claustro; sobre todo a aqueles que consideran que reflectilo nas programacións resulta só unha obriga legal.
  • Resulta moi estendida a práctica de pregunta-resposta nas lecturas, que se interpreta erroneamente como prácticas de comprensión.
  • Escasa sistematización nas actividades de educación documental.
  • Nula implicación das familias.
Uffff. Canto traballo nos espera.
En resposta a María Esther Pérez Parente

Re: QUE TEMOS NÓS?

por Paco Diaz -
A ver se entendín:

  • Tendes un PL debatido, meditado e consensuado
  • Os Plans dos departamentos recollen prácticas lectoras e promoven iniciativas xeitosas a prol da expresión escrita
  • Contades cunha "hora de ler" asumida e funcional
  • ...
  • E tendes bastante localizadas as áreas de mellora: ampliar a implicación a parte do claustro que quizais non se percibe como implicado no proxecto, consensuar unha "teoría da lectura" e unhas metodoloxías axeitadas para a mellora da comprensión lectora, sistematizar máis a educación documental, buscar camiños para unha maior implicación das familias...

Tal como eu o vexo, o que tendes é un gran camiño feito! Estades a dar pasos na boa dirección.
En resposta a Paco Diaz

Re: QUE TEMOS NÓS?

por Cristina Ogando -
No meu IES temos un Plan Lector integrado no PEC que estreamos o curso pasado. Para deseñar o Plan contouse cos datos dunha enquisa realizada a familias, alumnado e profesorado. Para mín o problema é que, aínda que o profesorado sabe que o Plan Lector está aí e que "ten que poñer algo" na programación do departamento, non se aprecia unha posta en práctica coherente das liñas mestras fixadas no PEC.
Onte mesmo.
Mentres esperabamos polo relator dunha actividade de dormación en centros (polo tanto, persoal supostamente "motivado").
- Pois aquí na Biblio tamén temos o curso de bibliotecas
- Ai, si?
- Por certo, que vos parece o noso Plan Lector?
- Perfecto!!
- Ai, si?
- Si, si
 (non sei que icono empregar para o "tonito", pero xa me entendedes)