FORO PARA COMPARTIR AS IMPRESIÓNS SOBRE "QUE SE ESTÁ A FACER NOS CENTROS"

Proxecto ou Plan

Proxecto ou Plan

por Susana Sánchez Arins -
Número de respostas: 4
Eu, que sou xefa de estudos, nom sabia onde andava o projeto leitor (isso já diz muito). Quando perguntei por ele, as companheiras disseram-me que buscara o do ano passado no computador da biblio, "porque o de este ano está sem acabar". E aí eu pensei, "ui, nós o que temos som planos anuais, non projetos". E justo: Temos um Plan Anual que é um corta-pega das prorgamaçons do Departamentos que, em quase todos os casos, nom deixa de ser uma listagem de livros de leitura, recomendada ou obrigatória. 
Sobre qualquer do resto dos elementos com que deve contar o projeto, nada. 
A verdade é que o documento parece-me mais pobre que a realidade, porque mesmo cousas que sim fazemos, nom aparecem nele reflectidas. 
A conclusom é que sim devemos adicar-lhe espaço em alguma CCP, só que eu nom levo a Biblio e tenho que pensar como fazê-lo para que as compis do equipo nom pensem que questiono o seu trabalho. O feito de estar anotada a esta formaçom pode servir de escusa.

 
En resposta a Susana Sánchez Arins

Re: Proxecto ou Plan

por Paco Diaz -
Estimada Xefa-de-Estudos Aríns,
Teño para min que ese momento detectivesco - case Homesiano, diría eu - no que pensaches: "Ui, nós o que temos som planos anuais, non projetos", ese momento estará a vivilo máis de unha ou dúas das nosas compañeiras de curso de formación, non cres?

Non credes?

E por certo, moi boa idea esa de utilizar de excusa a actividade de formación para indagar sen que pareza cuestionamento do traballo dos compañeiros e compañeiras. Interesante.

PD. Bueno, para ser talmente Holmesiano, a verdade é que igual teríamos que substituír ese "UI", quizais por un "Elemental querido Inspector!"... ou algo así.
En resposta a Susana Sánchez Arins

Re: Proxecto ou Plan

por Eva Pazos -
A verdade é que ata comezar éste curso pensaba que o plan de lectura e escritura anual (o cal me consta que se redacta cada ano no centro coas aportacións dos diferentes departamentos) era o mesmo que proxecto lector. 
O noso plan de fomento da lectura e da escritura tamén é en grande parte unha lista de títulos obrigatorios ou optativos das diferentes materias, e a hora de ler semanal; e penso que é o que realmente se fai en moitas materias, aínda que en outras é un "trámite" por cumplir coa lexislación. 
Faltaría recoller no mesmo, as propostas de actividades de fomento da escrita, que sei que sobre todo os departamentos de linguas fan, pero non só, xa que moitos departamentos de ciencias propoñen traballos de búsqueda e síntese de información en diferentes formatos.
Na hora de ler semanal, especialmente no segundo ciclo da ESO fanse lecturas breves relacionadas coa materia "que toque" con actividades ou tarefas (as veces competenciais) asociadas.

En canto o proxecto lector, non sei se existe ou non, supoño que si e que estará perdido por algún arquivador.

Ó meu ver, estamos no camiño, aprendendo pouco a pouco a facelo mellor, con bastante vontade

En resposta a Eva Pazos

Re: Proxecto ou Plan

por Paco Diaz -
Eu penso que, quizais, a eses Plans de Lectura que cada ano se refán en moitos centros, e que non contan co marco dun Proxecto Lector, pouco lles falta a eses plans anuais para seren un Proxecto Lector. Quero dicir que en moitas ocasións o que realmente se fai nos centros é redactar algo semellante a un Proxecto Lector todos os anos (co traballo correspondente que iso supón, máis o endadido de intentar inventar cousas novas cada vez).

Daquela, tampouco haberá que partir de cero nestes casos. Non sei. Aproveitemos esa vontade da que falas, e eses esforzos xa feitos, eses intentos, e tratemos de mellorar (nunca de desprezar o traballo iniciado, que ten un valor moi importante).
En resposta a Paco Diaz

Re: Proxecto ou Plan

por María Dolores Franco -
No noso centro temos PLC , pero cada ano hai que presentar o anexo VI do PXA, e cada titor fai as súas aportacións tendo en conta o PLC, eso sí, hai  quen fai un corta e pega- máis ou menos- do nivel do PLC que lle corresponde e outros máis implicados ou creativos que lle dan unha voltiña cada ano.

cando consigamos que a maioría sexa dos que lle dean unha voltiña máis estaremos no bo camiño.